
Esta princesiña é a miña segunda-curmá Alba
É unha pitufiña de cinco anos, feliz o día de Reis
A súa é unha das imaxes coas que quedei do Nadal
-Ou coas que quixen quedar, máis para ben que para mal-
Experimento un sentimento agridoce ao rematar estas festas
Por un lado está a volta á rutina, e pola outra, os bos recordos
-Aí están os momentos vividos en familia ou cos máis achegados-
Embálanse algo máis cós adornos navideños cada vez que cae o telón
-Cada vez que se apagan as luces, toda vez que se recolle a árbore-
Coa ducha do día 7 esfúmase esa pátina de conciencia festeira
E pensas que podería ocorrer se esa situación fose continua
Se esa utópica sociedade do benestar fose permanente
Para te decatares de que sería algo autodestrutivo
Todos teriamos gota, e o colesterol polas nubes
Mellor así, penso, pero non moi convencido
0 comentários:
Enviar um comentário