08/07/25

A carballeira de Santa Isabel

 

Un dos principais espazos verdes da comarca lucense encóntrase en Outeiro de Rei
Trátase da área recreativa de Santa Isabel, unha carballeira á beira da desembocadura do Ladra no Miño
Dende hai xa uns anos, adoitamos visitala por estas datas, coincidindo coa feira de artesanía ou co Convivio da Cultura Galega



Desta volta, cadrounos a fin de semana da feira, que se celebrou no marco da romaría de Santa Isabel




O tamén coñecido comp Campo de Santa Isabel conta co seu propio caneiro, situado ao carón do desvío de auga para un fermoso muíño




Tamén ten a súa praia fluvial con area natural, xusto á altura do encontro do Miño co seu afluente



O lugar, cunha gran riqueza natural, forma parte da reserva da biosfera Terras do Miño
Sobre estas liñas, vemos unha pupa de libélula completando a súa metamorfose entre a vexetación da ribeira




Tamén se poden ollar parrulos, garzas ou lontras, entre outras especies animais
Tocante á flora, predominan os carballos e as árbores ripícolas, coma os ameneiros ou os freixos
A paraxe merece, por tanto, unha visitiña anual, sobre todo neste tempo en que a natureza se amosa en todo o seu esplendor

A carballeira de Santa Isabel

  Un dos principais espazos verdes da comarca lucense encóntrase en Outeiro de Rei Trátase da área recreativa de Santa Isabel , unha carball...