12/01/19

O mercado de Santo Agostiño


O Mercado Municipal de Santo Agostiño é un dos edificios máis singulares da Coruña
Inspirado no Mercado Central de Reims, a súa construción iniciouse na Segunda República
Coa súa característica cuberta parabólica, está considerado o "Guggenheim galego" da época
De feito, a obra está incluida no catálogo dun estudo elaborado pola Fundación Mies Van der Rohe




Hoxe en día o espazo segue a cumprir coa súa función de praza de abastos
Pero, dada a súa singularidade arquitectónica, vai gañando en usos alternativos
Dúas fins de semana ao mes, convértese nun escaparate para as firmas emerxentes




Entre as últimas participantes figura, por exemplo, LaChapera
Trátase dunha 'start-up' dedicada á confección artesanal de chapas




Coincidindo con estas propostas innovadoras, o mercado acolle tamén concertos
Convértese así nun lugar para a convivencia onde se aproveita a súa excelente acústica




Deste xeito, unha edificación de hai máis de 80 anos revitalízase como espazo público




O mercado está situado a escasos metros das prazas do Humor e de María Pita
Se aínda non o coñeces, achégate a botarlle un ollo, pois de seguro pagará a pena a visita


O paseo do Miño

O do Miño é o paseo fluvial máis longo de todo o cinto verde de Lugo Consta de varios treitos, comprendidos entre as pontes q ue cruzan o p...