26/03/08

O caderno de bitácora de Carmen


A parella doutro compañeiro, de Fron, tamén se chama Carmen
Fálovos de Carmen Porteiro, a rapaza da foto
Quen ademais tamén foi compañeira miña
O seu é a publicidade
Por iso non estivo connosco por moito tempo
-En todo caso, ben que a botei de menos cando se foi-
A instantánea da terraza dános a benvida á súa ventá na rede
Que se denomina "Caderno de bitácora de Carmen"
Nela comenta en especial temas relacionados coa comunicación
De todo tipo, non só do mundo dos publicistas
Dende spots ata series, filmes, programas, libros e un longo etc.
-E mais cousas á parte, por suposto, como todo o mundo-
Así que considero o seu blog dun grande interés
E recoméndolles a súa lectura ós entusiastas do xénero

25/03/08

A arte de Llonín


Outras interesantes bitácoras adicadas á arte son as de Carmen Llonín
-Afable amiga e muller do meu compañeiro Gas-
Que acaba de obter o 1º premio do certame de escultura de Burela
Como se pode apreciar, tende a integrar as súas obras na natureza
É un concepto de arte distinto, no que o resultado cobra vida
Os artefactos son retratados nun anaco de paisaxe viva
As fotos foron sacadas no Valadouro
-Onde ámbolos dous teñen unha casa, como non, integrada na natureza-
E a montaxe resultante é a obra en si
O mesmo fai cos seus cadros, nos que xustapón elementos naturais
Así, os vexetais e as pinturas mestúranse formando tres dimensións
É outro xeito de humanizar a arte
De inmortalizala ó, digamos, insuflarlle alento vital





18/03/08

As pinturas de Llito



Así de ben é como pinta Llito
Estes cadros son xa de hai anos, pero tenos máis recentes
Basta con cliquear no seu blog para ver cousas novas
-llitopaints.blogspot.com-
Nestes últimos catro anos, meu bon colega asentouse en Barcelona
Na compaña de Helena, arousá de pro e amiga da alma
Coido que a súa técnica se perfeccionou aínda máis
E é que xustamente para iso está aló, na súa propia patria
A súa arte evoluíu cara a unha maior expresividade, se cabe
Vese que experimentou co trazado, adquirindo unha maior viveza
''La meva pintura'', de Llito, é un catálogo de olladas ceibes
Nas que a creación en liberdade se antepón a calquera outro precepto

13/03/08

O cárcere de papel


Este señor de 85 anos vai facer un novo manga
Si, vale, é Stan Lee, pero é algo que non deixa de sorprenderme
Posto que falamos dunha das mentes visionarias que idearon ''X-Men''
Ou ''Os 4 Fantásticos'', ou ''Spiderman'', ou ''Hulk'', ou...
O proxecto é un 'spin off' de ''Jump Q II''
O outro coautor será Hiroyuki Takei
-O creador de ''Shaman King''-
A obra será publicada pola editorial Shueisha
Souben da nova por unha weblog coido que de interés
-lacarceldepapel.com-
Que é un recomendable ''diario dun lector de banda deseñada''

06/03/08

A verdade abstracta


Ultimamente róndanme unhas notas pola cabeza
Son as da melodía que abre e pecha "Stolen Moments"
Un tema do álbum "The Blues and the Abstract Truth"
Composto polo saxofonista Oliver Nelson, foi gravado no 1961
O plantel que participou na gravación do disco era de excepción
Músicos como o pianista Bill Evans ou o trompetista Freddie Hubbard
O non menos virtuoso Paul Chambers no baixo
Ou mesmo Roy Haynes na batería
Como non cabía esperar menos, o resultado foi fóra de serie
-En particular, neste tema que serve de apertura do disco-
Se as notas son xeniais, a súa execución non é menos impresionante
Incluso cabe dicir que o resto do álbum queda nun segundo plano
Ó meu modo de ver, é unha especie de oda ó tempo perdido
Unha expresión musical dos momentos vividos ou non no cotián
E que se esvaen en reviravoltas como follas que leva o vento
-Por empregar un símil gráfico-
Doutra banda, os xaponeses UFO fixeron unha versión deste tema
Foi no 1994, no álbum "No Sound Is Too Taboo"
De feito, a versión de United Future Organization foi a primeira que oín
É máis compacta, cun tempo máis acelerado, pero igual de xenial
É tamén doutro estilo moi diferente, máis próximo ó 'acid jazz'
Á súa maneira, supón unha loa ó cosmopolitismo ben entendido
Quero dicir, ós espíritos abertos a linguaxes artísticas como esta
Á apertura de mentes á música sen fronteiras, en definitiva
Á expresión musical da verdade abstracta sen límites autoimpostos




O paseo do Miño

O do Miño é o paseo fluvial máis longo de todo o cinto verde de Lugo Consta de varios treitos, comprendidos entre as pontes q ue cruzan o p...