18/04/17

Días de atraccións na Casa de Campo



Gran parte das vacacións desta Pascua pasámolas na capital do país 'vecino'
Alí visitamos a Casa de Campo, un xardín con case dúas mil hectáreas de extensión
Nun dos seus límites encóntrase o Parque de Atraccións de Madrid, onde moito troulamos
Tras unha primeira 'rolda de contactos', xantamos nun precioso quiosco no medio das instalacións




Quen mellor o pasou foi a nosa filla, que quería subir a todas as atraccións
A primeira de todas foi a dos 'globos tolos', na zona para os cativos máis novos




Non o pasou tan ben Selma no 'tren da mina', unha pequena montaña rusa
Para compensar as emocións fortes, demos un tranquilo paseo en cepelín sobre o parque




Tamén paseamos en barca a través da xungla, unha das atraccións máis antigas do parque
A onde non accedemos foi a The Walking Dead Experience, baseada na famosa serie de zombis





Tampouco subimos ao Star Flyer, a 80 metros de altura
Pero si nos sacamos unha foto con Marshall, da Patrulla Canina




Aínda que non nos puidemos fotografar con Lurardo, que xa se despedía
Pero si tivemos a oportunidade de retratarnos xunto á casa de Bob Esponxa
E puidemos subir aos cabaliños, nun carrusel de época que databa dos anos 20




Outros días subimos ao teleférico dende o parque do Oeste
E tamén accedemos ás atraccións dun centro comercial en Arroyomolinos
Foron, en resumo, unhas xornadas inesquecibles de tempo estival en plena primavera


Selma en 2020

Coma tantas, miña filla lembrará este 2020 como o ano en que botou un mes e medio sen saír da casa Pero como á súa idade é tan sumamente ada...