26/03/10

O Templo do Metal


O deste vídeo si que é o auténtico Templo do Metal
Gravouse no 1977 nunha igrexa de verdade en Perth
Nel, os AC/DC rezan e tocan o “Let There Be Rock”
-De aquí habían coller directos a Autovía Ao Inferno-
O finado do reverendo Bon Scott predica co exemplo
-Morrería tres anos despois, hai agora xusto 30 anos-
E un acólito chamado Angus Young fai mil diabluras
-Atentos á cara que pon o rapaz no minuto 3 e medio-
Esta si que sería unha misa interesante para estes días
Porque dala xunto cunha procesión suporía un bo paso

18/03/10

Primavera


Os días volven ser de novo máis longos cás noites
E poderemos gozar máis da luz co cambio de hora
Síntoo polos alérxicos, pero gústame esta estación
O certo é que máis que ningunha outra, madialeva
Así saio do traballo con sol pero sen calor de máis
Faime o efecto dunha boa inxección de endorfinas
O contrario do que ocorre no equinocio de outono
As fotos corresponden á desembocadura do Umia
Foron sacadas na subida á Ghrenla, en Cambados
Vese a ponte de Castrelo, invernadoiros e o esteiro






12/03/10

As fotos de Llonín


Estas fotos de Carmen Llonín estanse a expoñer en Lugo
En concreto, na sala de mostras da capela de Santa María
Ao contrario do que aquí, pódense ollar nun gran formato
É a última proposta desta artista polifacética amiga miña
Conta con varias series, como estas visións “Trala porta”
Os espidos sobreexpostos son das instantáneas de “Voos”
 

Mentres que o xogo dos cabelos e as ondas, de “Maruxía”
“Pel do Fogar”, “Tentar” ou “Bolboreta” son outros títulos
Suxerentes como as propias imaxes, integradas na natureza



03/03/10

Broadcast no Sónar



Este ano o Festival Sónar vai vir a estas terras
-Cousas do Xacobeo, cando menos as esperas-
Será entre o 17 e o 19 de xuño, en Expocoruña
De máis novo, sempre tiven a ilusión de asistir
Mesmo comprara os álbumes do 1997 ao 2003
Pero nunca me cadrou ir a Barcelona por xuño
Logo, a calidade empeorou; era raiante de máis
E agora preséntaseme esta oportunidade, tarde
Ou iso cría, ate que me informei sobre o cartel
Levei a sorpresa de que estaba un grupo único
Que figura entre os meus preferidos: Broadcast
Un grupo de postrock retrofuturista e bucólico
Fora por aquela época cando comezara a oílos
E o meu interese medrara conforme os coñecía
O seu mellor disco éme “Work and Non Work”
-Pleno en reminiscencias de contos e de soños-
Séguelle o retro “The Noise Made by People”



Ou o onírico, terso e detallista “Ha Ha Sound”
“Tender Buttons”, do 2005, fíxose máis electro
Aínda que, hoxe en día, continúa fiel á súa liña


O concerto é o venres 18, ignórase a que hora
Tratarei de ir, que tamén toca Mathew Herbert
-Enfant terrible que deixaremos para outro día-


O paseo do Miño

O do Miño é o paseo fluvial máis longo de todo o cinto verde de Lugo Consta de varios treitos, comprendidos entre as pontes q ue cruzan o p...