29/12/09

A fin de ano


A fin de ano máis subversiva é a que nos ofrecen en Temas de Hoxe
Un ano máis, e van dous, amósannos o lado máis escuro dos festexos
Volven tras darnos conta dos perigos dunha celebración en toda regla
Desta volta, unhas revistas inocentes serviron de marco incomparable
Coas súas ilustracións coloridas, como ben di, enchidas de bonhomía
Pois iso, tende coidadiño con emocionarvos coa Marcha Radetzky


23/12/09

Lecturas

Aquí falamos de literatura con menos frecuencia da que quixera
Pero iso imos poder remedialo xa, transcribindo uns fragmentos
Ultimamente estiven a ler a esgalla, e moi boas obras, por certo
Tratei de alternar os clásicos universais co mellor da nosa prosa
O resultado é variado, se ben abunda a ciencia-ficción británica
-De feito, repetín H.G. Wells, que ben o merece, e o que queda-
O máis actual é a segunda novela do colega Diego Ameixeiras
E no medio está a homenaxe ao ciclo artúrico de D.X. Cabana
Son todos libros que non deixo de recomendar coñecer e gozar
Este primeiro extracto vai dedicado aos queridos trolls da rede:

“Houbo homes que asalariaron bandidos para lles cometeren os crimes, en canto a súa propia persoa e reputación ficaba a cuberto. Mais eu era o primeiro que facía iso mesmo por pracer. O primeiro que me puiden presentar aos ollos do público cheo dunha marabillosa respectabilidade para, un momento despois, coma un neno de escola, despoxarse da súa roupa e mergullarse de cabeza no mar da liberdade. Para min, envolto nun anonimato impenetrable, a impunidade era completa. Pensa nisto: nin sequera existía.”

Robert Louis Stevenson: “Dr. Jekill e Mr. Hyde”. Edicións Xerais, 2005


“-Loucura me parece -dixo Galván- edificar castelo no medio dunha lama, pois se no inverno ten de ser neboento e frío máis do que convén, no verán non pode deixar de haber grandes moitedumes de mosquitos, e febre e andazo para os seus moradores.
-Así dede ser, señor cabaleiro, pois os sete irmáns paran nel pouco tempo, e póñenlle gardas, que teñen que ser poucos polo difícil que é entrar e saír. Máis ca castelo é prisión, e os cabaleiros bandidos, cando non andan en guerras e asedios e correrías, residen de costume algo apartados da lama, nunha rica mansión que moitas árbores defenden contra os aires malignos. E sabede tamén que o triste castelo é tan grande por baixo como por riba da terra, pois parece que ten moitas estancias soterradas, onde están os cativos.”

Darío Xohán Cabana: “Galván en Saor”. Edicións Xerais, 1989


“Sería imposible detallar paso a paso a dexeneración daqueles Monstros: contar como ían perdendo día a día os signos humanos, como ían desfacéndose dos seus trapos e vendas para prescindir por completo da roupa, como empezaba a estenderse o pelo polas súas extremidades núas, como se lles afundía a fronte e se lles alongaba a cara. Só con lembrar a intimidade case humana que tivera con algún deles durante o primeiro mes da miña soidade espantábame.”

Herbert George Wells: “A illa do Dr. Moreau”. Edicións Positivas, 2005


“Felipe foi ensiñado pola tía aboa de que se un día iba polo Castelo e estaba a fada coa súa tenda ao sol, e ao ver ao rapaz mirar pra ela e pra o tesouro lle preguntaban con qué quería quedarse, si coa tendiña ou coa señoriña, que non dubidase, anque a fada aparecese como unha vella enrugada e sen dentes, o nariz pingándolle e a pel chea de manchas mouras, en responder que o que el quería era a tendiña coa señoriña. E que si a fada, por noxenta que lle parecese lle pedía un biquiño, que llo dese. E así atoparíase dono do tesouro e asemade, e de por vida, coa amistade agradecida da fada, a cal pasaría de vella a moza, de fea a fermosa, e poríase diante del en toda a súa beleza.”

Álvaro Cunqueiro: “Os outros feirantes”. Editorial Galaxia, 1979


“Non lles podo transmiti-lo sentimento de desolación abominable que penduraba sobre o mundo. O ceo vermello do leste, a negrura do norte, o mar morto de sal, a praia pedregosa poboada por aqueles monstros entolecidos e de movementos lentos, a aparencia uniforme e velenosa do verde dos liques, o aire pobre que fería os pulmóns: todo contribuía na creación dun efecto abouxador. Avancei cen anos, e alí estaba o mesmo Sol vermello (un pouco máis grande, un pouco máis apagado), o mesmo mar agoniante, o mesmo aire fío, e a mesma multitude de crustáceos terrestres arrastrándose entre as plantas verdes e as rochas vermellas. E no ceo do leste vin unha liña curva e pálida coma unha inmensa lúa nova.”

Herbert George Wells: “A máquina do tempo”. Editorial Toxosoutos, 2002


“-É unha revisión calorra de Romeo e Xulieta baseada moi libremente nalgúns relatos de Manuel Rivas. Dous xitanos bastante gays namóranse perdidamente un do outro, pero o amor resulta imposible porque pertencen a dúas familias enfrontadas de Vichita que andan a paus dende hai varias xeracións. Cine de acción puro e duro, xúrollo. Coido que ha ser o mellor hard-boiled chacho nunca coñecido nas nosas pantallas. Polo que me contou Iris, o enfrontamento a navallazos do final seica está logradísimo. Confío moito nesta película, non teño a máis mínima dúbida. Vaise titular Un millón de facas."

Diego Ameixeiras: “O cidadán do mes”. Edicións Xerais, 2006

16/12/09

Realidade e ficción

Unha vez máis, a realidade superou a ficción; e tanto que o fixo
Aconteceu aos poucos días de colgar un vídeo de Navallada TV
Unhas vacas saíron á autoestrada en Cambre, coma na montaxe
E montárona ben montada, con varios feridos e unha res morta
Vale que o traballo do realizador Óscar Doral resultaba hilarante
Pero o feito real perdeu todo rastro de humor; madialeva que si
-Nárrao Xabier Couselo, un dos mellores reporteiros da Galega-


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



09/12/09

Navallada TV

Seguimos con humor do irreverente, máis aínda se cabe
Da man dunha páxina sobre adaptacións de clásicos do cine
Amosa montaxes ao estilo de "El Informal", pero á galega
Falo de "Navallada TV", que se atreve con todo, xa postos
-E da que xa dei conta por un enlace da anterior entrada-
É o caso desta versión de "Red River", de Howard Hawks

02/12/09

Galicia Profunda

Veño de descubrir unha interesante proposta para matar o tempo
Trátase dunha páxina que intenta afondar no coñecemeno do país
Aínda que, iso si, ollando temas e feitos dende a óptica da retranca
O blog chámase, como non podía ser doutro xeito, Galicia Profunda

Ademais de fotos curiosas, tamén hai vídeos que merece a pena ver
Entre os últimos está un sarcástico "what if" sobre a industria do cine
Ou un fragmento dun programa que non merece comentario ningún
Velaí unha declaración de intencións sobre o contido desta bitácora:
"Poida que A Fonsagrada fora o primeiro punto de España no que se instalara a televisión dixital terrestre ou que sexamos unha das comunidades punteiras na cooperación exterior, pero máis aló destes acontecementos puntuais, a realidade é ben distinta.
O certo é que o tempo pasa e as plantas galegas de reciclaxe e compostaxe a penas absorven a metade do lixo que xeramos, o prezo da vivenda segue a medrar mentres no resto do estado baixa por primeira vez en once anos, a capacidade de conexión a internet é limitada ou nula nalgunhas zonas rurais, por non falar da odisea que supón para moitos coller un bus ou un tren que pode tardar máis de 70 minutos en percorrer 60 quilómetros…
Galicia Profunda abre as súas portas para falar de todos estes feitos, por suposto, en clave de humor."

27/11/09

Inútil

Sobre o defecto da soberbia poderíase escribir todo un tratado
-Aínda que eu preferiría facelo sobre a virtude da humildade-
Neste senso, ás veces atópanse sátiras ben dignas de mención
Manolo Rivas tivo o gusto de redactar en "El País" o seguinte:

"Se equivoca usted, señor titular del juzgado número 6 de Alcorcón, al proclamar la carencia de "utilidad pública" del idioma gallego. En una caricatura de Castelao, un campesino dice: "Deus nos libre da Xustiza!". Quizás estaba pensando en usted, señor juez. Fíjese que útiles y previsoras son las lenguas "subalternas".
Fíjese si son previsoras que en los cuentos gallegos de Álvaro Cunqueiro hay personajes que como último deseo piden que en el ataúd, además de la Biblia, le metan el Código Civil por si tienen que pleitear en la otra vida. A la vista de como reculan los tiempos, me adelanto a pedir para el postrer viaje un ejemplar de la Declaración Universal de los Derechos Humanos, además de la Constitución española (subrayado el artículo 3º, apartado 2) por si el barquero Caronte se pone pesado, dispensando, y me niega la "utilidad pública del gallego" en el Más Allá, siguiendo la doctrina de su señoría.
Ya que estamos con la verdad narrativa de los cuentos y las últimas voluntades, permítame una breve historia. Un anciano campesino manda llamar al notario para hacer el testamento definitivo. Dice: "De la tierra, dejo un tercio para Ramón, un tercio para María, un tercio para Concha, un tercio para Manuel, otro tercio para Andrés..." El notario le interrumpe: "Pero, ¿no serán muchos tercios?" Y el campesino responde: "¡No sabe usted lo grande que es la tierra!" Pues con las lenguas ocurre algo parecido. Que hay sitio para todas. Que no pesan en la cabeza. Que no hay lengua inútil.
Inútiles, inútiles no le somos, señor juez. Hay muchas personas que nos comunicamos normalmente en gallego y no nos consideramos del todo inútiles. Como ocurre incluso en la judicatura, unos somos menos útiles que otros, hacemos lo que podemos, pero respetamos. Eso si, tenemos una educación mínima del respeto. Nuestros padres nos acunaron, nos criaron y nos contaron cuentos en gallego para espantar el miedo. Y no eran unos inútiles, créame. Gracias a ellos, no le tengo miedo, señor juez.
En su Tesis sobre el concepto de la Historia, dice Walter Benjamin: "No hay ningún documento de la civilización que no sea al mismo tiempo un documento de barbarie". Yo antes no entendía muy bien esta frase, se lo juro, pero se me han aclarado de repente las ideas, como por un rayo, después de leer su fundamento "lingüístico" para negar el traslado escolar a Vigo de unas niñas en el auto tramitado en un caso de divorcio. En ese aspecto, el documento no resiste el principio de realidad. En Galicia, las niñas no sólo aprenderían gallego, sino que podrían enriquecer su castellano con las "maravillosas curvas" que Unamuno admiraba en Valle-Inclán.
No voy a hablarle ahora de Alfonso X el Sabio, ni de Rosalía de Castro, ni del tronco común galaico-portugués, patrimonio lingüístico que nos permite comunicarnos con millones de personas en el mundo, desde Brasil al Timor Oriental. Como además tenemos la suerte de compartir el castellano, vea usted, señor juez, que no vamos tan mal pertrechados, siempre, claro, que a los niños no les amputen la lengua "inútil". Creo que lo que procede en este momento es ir al argumento protoecológico enunciado por Julio Camba. Según demostró en un irónico artículo, el gallego es un idioma muy apto para hablar no sólo entre las personas sino también con todo tipo de animales. ¡Fíjese usted si será útil!"

20/11/09

Somos un menos

Un feito acaecido hai uns días activou unha fatídica conta atrás
Morreu un compañeiro de carreira, David Gil, ao que estimaba
David sempre foi independente, ademais dunha persoa amable
A súa compañía resultaba grata e mantiña o seu propio criterio
Por iso o seu falecemento me doe aínda máis: pola súa empatía
Era alguén con quen non me custaba levarme ou identificarme
E non me ocorría só a min, en vista das múltiples condolencias
Ademais de estudarmos xuntos en Santiago, cadramos en Lugo
De feito, el traballaba ate hai uns tres anos na rúa na que resido
E non era raro cruzármonos e parármonos a parolar de vagar
A súa perda fáiseme aínda máis terrible por unha razón especial
É o primeiro compañeiro da facultade que se me vai para sempre
Así que a noticia da súa morte supuxo algo máis para un servidor
Representa a activación dunha conta atrás cara ao propio final
Hoxe foi el, mañá se cadra outro, e un día destes, un día destes...
Un día destes poderame tocar a min, algo que creo teño asumido
Claro que unha cousa é pensalo e outra ben distinta vivilo na pel

12/11/09

O xardín armado


Dicir que se trata dunha virguería de cómic é quedar curto
“O xardín armado”, de David B., é do mellor que teño lido
O debuxo goza dunha gran forza visual, acorde cos relatos
O autor de “A Ascensión do Gran Mal” depura o seu estilo
A obra dá conta de que estivo a aproveitar os últimos anos
Amósanos tres historias repletas de talento e imaxinación
“O profeta velado” ambiéntase nun tempo máis que mítico
Na época de “As mil e unha noites”, na que todo é posible
Séguenlle “O xardín armado” e mais “O tambor namorado”
O contexto destes dous relatos non é menos extraordinario
Están situados no lugar e no tempo que asocio aos contos
Ou sexa, a Centroeuropa baixomedieval de tantas historias
A primeira das narracións ten a súa continuidade na outra
O fío condutor é o sino dun cabaleiro propio das Cruzadas
Ao que fan compaña a maxia e mailo poder dos símbolos

05/11/09

33 anos de Tito


O noso amigo Tito vén de cumprir os seus ben levados 33 anos
Non vos deixedes enganar polo seu nome de ditador iugoslavo
Baixo ese busto de metabarón agóchase unha estupenda persoa
É dicir, alguén con quen merece a pena compartir bos momentos
Tampouco vos deixedes levar polo nome de emperador romano
Tito Lucio, que é o seu nome enteiro, non goberna con tiranía
Aínda que, se cadra, tamén botaría algúns cristiáns aos leóns
Tito está a agardar estes meses un herdeiro para a súa caste
Sexa neno ou nena, seguro que será digno seguidor da dinastía
Xunto con Tito, xa se encargará diso Melissa, a coproxenitora
Abaixo podemos ver os dous xuntos nunha tenra foto de familia
Á esquerda está Vanessa, irmá de Meli e futura tía da criatura
Parabéns para eles dende esta bitácora dun seareiro da súa saga

02/11/09

Defuntos


O cemiterio de Cambados é un dos máis fermosos do país
Rodea as ruínas de Santa Mariña Dozo, de estilo 'mariñeiro'
-Unha mestura de gótico e románico galegos do século XV-
Declaradas Patrimonio Nacional xa a mediados dos anos 40




Conxuga o seu aspecto monumental cun ornamento perenne
Dado que non só está cheo de flores no tempo de Defuntos
-É un dos camposantos máis floridos, nas catro estacións-
Ademais, centos de velas iluminan as lápidas pola noite
Que é cando este lugar se volve máis cálido e acolledor
Un sitio tranquilo, con bo ambiente e coa mellor compañía
Recomendo a visita a todo aquel que saiba apreciar a paz
Esa que nos falta con máis frecuencia da que quixeramos


30/10/09

Segundo cabodano


A publicación de humor gráfico Retranca cumpriu dous anos
-Naceu, casualmente, case ao mesmo tempo ca esta bitácora-
Converteuse, así, na máis lonxeva revista galega de humor
Durante este tempo foi mensual, pero iso tivo que cambiar
Menos publicidade equivaleu a saír á rúa cada dous meses
Temos aquí un cartel coa invitación ao segundo "cabodano"
Está extraído da sección 'Temas de Hoxe' do último número
Son, efectivamente, superheroes retranqueiros, 'á galega'
Como o é este "Scairon Man" collido da devandita sección
E outros máis, que mesmo están dispoñibles en camisetas
Dende aquí, darlles o meu máis sentido pésame aos autores

28/10/09

Mareas vivas



É neste tempo cando se dan as maiores mareas do ano
As mareas vivas, propias de maio e sobre todo outubro
En virtude deste fenómeno pódense obter fotos curiosas
Estas corresponden á illa de San Sadurniño, en Cambados
Coa marea alta, a torre medieval quedou separada da illa
Na ponte de acceso, os arcos quedaron cubertos de auga
E a marea case acadaba a liña do propio paseo marítimo
Coa baixamar ocorre á inversa, pois seca toda unha chaira
Dez millóns de metros cadrados, mil hectáreas, fican en seco
E daquela pódese ir a pé dende San Tomé ate a illa da Toxa
Son máis ou menos 3 quilómetros, a distancia en liña recta
Só queda algo de auga, a do río Umia, a correr pola Canle


26/10/09

A antientrevista

Isto vén a propósito do artigo da pasada semana
Emitírono no programa 'Foro Aberto', da Galega
O "moderador" entrevista ao presidente da Mesa
Cando o vin, confeso que quedei coa boca aberta
É un aborto de entrevista, un esperpento total
Toda unha falta de respecto, educación ou pudor
Este antixornalista faille unha antientrevista
Pregúntalle precisamente pola manifa do aborto
Respóndelle que era unha manifestación pro-vida
-A prol da vida da lingua galega, como explica-
O entrevistador pregúntalle de novo polo aborto
A vergonza allea acada daquela límites ignotos
Todo un espectáculo bochornoso, e sen parangón
Nunca tal vin e espero non volver ver algo así
Para rematala, velaí vai unha parodia do vídeo

20/10/09

Que vida máis triste

Leo a prensa cada día, cantos máis xornais mellor
E presto especial atención aos artigos de opinión
En moitos deles pode intuirse o que está por vir
As correntes latentes dos cambios que se aveciñan
En particular nos mellores, nos máis independentes
Naqueles que si son froito da máis fonda reflexión
Esta semana puiden dar cun texto que me emocionou
Atopeino en "El País", e asinado por Suso de Toro
Hai que ver con que facilidade define a diglosia
En poucas liñas consegue desvelar a causa última
A raíz dun dos maiores cancros da nosa sociedade
Aquilo que impide a auténtica competencia bilingüe
-A plena competencia lingüística nos dous idiomas-
Subscribo plenamente todas cantas verdades sinala
Así que recomendo a lectura por amena e edificante

"Es un día magnífico. Tengamos dificultades o nos vayan las cosas bien el sol luce con una medida de calor justa, todo brilla y es un día hermoso. Y debo sentarme aquí a escribir de cosas tristes, no porque no haya problemas sino por causa de quienes nos traen tristeza sin darnos nada a cambio. Este domingo caminarán personas por las calles de Santiago porque hay quien disfruta creando problemas y trayéndonos tristeza. Una cosa es ser serio y otra ser alma triste, las personas de alma triste no debieran gobernar nunca ningún país, tampoco Galicia.

Hay explicaciones para la política de Núñez Feijóo de desmantelamiento de la legislación que protege a la lengua gallega, desde explicaciones sicológicas, autoodio, a cálculos para obtener beneficios personales y partidistas. Es una política muy racional para conseguir los dos objetivos que se pretenden: el principal, dividir a la sociedad gallega, y el secundario actuar con decisión para acabar con el gallego como lengua realmente existente entre nosotros. Probablemente calcularon que les basta una generación más para que el gallego desaparezca sin vuelta atrás: en dos legislaturas, ocho años manteniendo la presión, dejaría de oírse el gallego a nuestro alrededor y sólo se mantendría como una lengua ritual en ceremonias. Es triste esa intención. Uno acaba trabajando de cualquier cosa pero cuando se le pregunta qué quiere ser de mayor casi ningún niño responde, "verdugo". (Ni siquiera la profesión de enterrador o incinerador, que no nos falten, tiene muchas vocaciones). Qué extraña atracción por la soga y la tijera. Y por las bofetadas, bofetadas al niño y la niña que ahora son hombres y mujeres.

La mujer de las bofetadas llama al programa de una emisora de radio coruñesa en la que vuelven a discutir, otra vez, si A Coruña se debe llamar otra vez oficialmente La Coruña. Es una voz alterada y llena de pathos, no se puede discutir con ella. Está llena de rabia y no negocia, se trata de su vida y su vida no es negociable, como todo el mundo necesita que su vida tenga sentido por eso grita que a ella le "quitaron el gallego a bofetadas" y que está muy bien. Y no se le puede discutir porque habla de su herida y su herida y su rabia son suyas. "Tengo 73 años y llevo toda la vida viviendo en La Coruña. Pues mira, cuando yo era niña, hablaba en gallego, como todos los del barrio, pero cuando fuí a la escuela, me lo sacaron a base de castigos y sopapos. Pero claro, ahora que hablamos castellano, pues a La Coruña le llamamos así, La Coruña, en castellano; y si le llamamos así, por qué nos quieren meter ahora A Coruña?, pues porque nos quieren meter el gallego..." Ese dolor y humillación y la de tantas generaciones de niños y niñas alimenta ahora de nuevo la caldera de la máquina de sumar votos en esa ciudad y en toda Galicia. Generaciones de gallegos han sido tratados como perros, como al perro se les castigó para que aprendiesen los trucos que quería el amo y aprendieron a hacer las gracias que se les mandó. Esos somos nosotros, nosotras, la mujer de las bofetadas es la madre de todos los gallegos y gallegas. Sólo cabe decirle: "No te preocupes, no te harán más daño, descansa. Y puedes hablar lo que quieras, lo que te pete. No consentiremos que te den más bofetadas, ni a ti ni a tus nietos. Descansa". De esa vieja y triste rabia ahogada en el pecho se alimentan esta nueva generación de los de la tijera, confían en nuestra vergüenza.

Confiados en que seguiríamos cargando la vieja vergüenza de ser quien somos, utilizaron la escuela y a nuestros hijos para que trajesen a casa la más triste papeleta. Nuestros hijos carteros de su matonismo, preguntándonos de nuevo si queremos que nuestros hijos sean gallegos así o asá. La utilización de los niños fue la suprema frivolidad, la irresponsabilidad sin límites. ¿Con qué juegan?¿Juegan con todo, con la convivencia, con los niños...? ¿No hay límites?

Mientras, en la vieja Casa Blanca un joven presidente negro juega en la yerba con su perro, se llama Bo. Su nombre es gallego, viene del latín "bonum", y le llegó desde Brasil. El mismo Brasil donde los brasileiros hablan con orgullo la misma lengua que aquí pretenden que nos avergüence. Pues no, no nos avergüenza ser la cuna de esa gran lengua de los juegos olímpicos de 2016, y no van a conseguir humillarnos para que nos avergoncemos. Si no les gusta ser gallegos, váyanse con su tristeza."

15/10/09

Sidra


Andaron estes días a recoller mazás do país a toneladas
O seu principal destino, converterse en sidra asturiana
-Máis da metade da produción provén dos nosos pomares-
Hoxe só queda unha fábrica de sidra en territorio galego
-Adscrita ao Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica-
É a que adquriu en Chantada un coñecido grupo cervexeiro
Dela saen cada ano uns dous millóns de litros de sidra
Debo confesarme ávido seguidor da produción deste lagar
A bebida ten un gusto moi agradable e un sabor natural
O segredo é que non sabe a outra cousa que non sexa mazá
A min, dende logo, fáiseme ambrosía ao entrar pola boca
Estache ben boa, sobre todo fresquiña e con algo rico
Ideal para combinar con queixos tenros, pan e marmelo
E se o pan, ou o queixo, leva noces, pois mellor aínda
Daquela xa temos no padal unha festa rachada garantida

05/10/09

Do feiral ás termas


Continuamos con máis fauna, da que atopamos nunha mostra
Este can díxonos que quería dar un paseo por fóra do recinto
Era un fermoso can de palleiro, dos que non lles falta falar
Acompañábannos Vane e Beni, xa coñecidos neste caderno



No Pazo de Feiras de Lugo había gando para toda unha granxa
Vacas, cabalos, poneis, ovellas, galiñas, porcos, corrichiños...


Amosábase gando vacún de distintas razas para producir carne
A cachena, anana e de grandes cornos, a caldelá, a limiá, etc.
Expúñanse tamén touros soberbios, como este de raza lemosín


Ou este outro, un bo exemplar da autóctona raza rubia galega


De Expolugo dirixímonos cara ao balneario pola beira do Miño
-Porque, coma na canción, "me leva, me leva, polo meu camiño"-


Alí agardábannos os restos máis antigos dos romanos na cidade
Refírome ás termas de augas sulfurosas, que datan do século I
De alí iriamos costa arriba dende a ponte pola calzada romana
Dando así fin a unha tarde memorable dunha xornada completa


29/09/09

Grilotoupa



Este becho sempre me fascinou, xa dende moi novo
Atopábao cando recollía grilos e outros insectos
É coma un ser mítico, metade grilo, metade toupa
Polo que puiden saber despois, poucos o coñecen
-E aínda menos o viron, como se fose mitolóxico-
Fálovos da grilotoupa, o grilo con patas de toupa
Dourada e grande, pode acadar os 5 cm de lonxitude


No mundo hai ben poucas especies de grilotoupas
A europea leva o nome de "gryllotalpa gryllotalpa"
Pero hai outros grilotalpídeos, como este da foto
Procede de Australia, a "gryllotalpa brachyptera"
Pensa que estás a vela tal como é a tamaño natural
E ate aquí chegou a lección de hoxe de entomoloxía


18/09/09

Outono


Volveunos o outono, como quen di da noite para a mañá
E con el os días curtos, cada vez máis, e con menos luz
As tardes que non duran nada, a chuvia que o molla todo
O vento traizoeiro, a friaxe implacable, as molladuras
Ter de novo que buscar ávido o refuxio dun café quente
Facer longas travesías ás escuras durante toda a semana
Viaxar de noite e con mal tempo, de condutor ou copiloto
Vestir coma as cebolas, capa sobre capa, para entrar e saír
Non esquecer o paraugas, calzar botas e... poñer boa cara



11/09/09

Os cuñados clonados


Só teño dous cuñados, un por parte de Marta e o outro de Ana
Así que me sorprendería comprobar que che se me multiplicasen
Pero iso foi o que ocorreu cando vin este documento estarrecedor
A foto dá fe de que nun piso de Narón están a replicarse sen control
Diego, o irmán de Marta, está a ser clonado alí unha e outra vez
Dubido que sexa obra súa; alguén ten que estár detrás deste acto
Probablemente un doutor maligno con plans para dominar o mundo
Teño que facer algo para impedir que Diego siga a reproducirse
De non ser así, as súas réplicas poderían converterse nunha praga
E temo que esta se estenda mesmo ate adquirir dimensións bíblicas
A este paso, un exército de clons do meu cuñado invadirá o planeta
E iso suporía a morte segura da civilización tal como a coñecemos
Ollade como se preparan no centro de comunicacións da súa base
Como meditan estratexias para se faceren co control das nosas vidas
Como se encontran en contacto co exterior para escoller o momento
Por iso eu vos digo: Tremede, porque non sabedes o que vos espera!

03/09/09

O cadro das vacacións


Pois isto é en parte ao que me adiquei durante as vacacións
A un cadro que xa comezara e que aínda non dei acabado
Nun principio ía ser dun xeito e máis tarde foi mudando
Funlle introducindo cambios e melloras conforme avanzaba
Foi transformándose a medida que ían xurdindo novas ideas
E ao final pouco ten que ver co planificado ao comezo
Pero o caso é que me gusta máis así que como o empezara
En fin, como na vida mesma, ese camiño que se fai ao andar
O bo deste cadro é que aprendín bastante traballando nel
A base de darlle voltas e voltas, deume ideas para o futuro
Ideas para novos proxectos con novas formas que desenvolver
No aspecto técnico, permitiume dar con fórmulas máis eficientes
Puiden averiguar como acabar antes e de maneira máis pulcra
O lenzo mide 73 centímetros de alto por medio metro de ancho
Coido que finalmente o convertín nunha especie de vidreira
Ou polo menos, ese é o aspecto que polo de agora está a coller
-Plasmar ao óleo exactamente o que tes na cabeza non é doado-
Xa veremos ao final como remata o conto e que tal queda

27/08/09

O Limón-Cthulu


Seguindo coas fricadas estivais, chegamos ao punto culminante
Aquí temos o auténtico Limón-Cthulu, a froita vida do máis aló
Conta coas súas innumerables patas con forma de tentaculiños
Moi grande non é, como se pode comprobar no retrato da criatura
Nin falta que lle fai para ofrecer unha grata compaña polo verán
Sobre todo nas bebidas, posto que sempre dá un toque refrescante
E contribúe tamén cunhas pinguiñas de horror cósmico e ominoso
Nada mellor que un gintonic con este limón para combater a calor
Supón o antídoto perfecto contra o tempo visguento e pegañento
A 'cousa' apareceu un bo día na ponla dun limoeiro duns tíos meus
Movido polo interese científico, sometín este ser a diversas probas
-Sen que, mal que me pese, conseguise averiguar cal é a súa orixe-
Actualmente, mantéñoo no conxelador da casa en estado latente
Poida que algún día saibamos máis sobre el e o esperte do seu sono
Entrementres, o frío conserva este exemplar único na súa especie

21/08/09

Unha de polbo e outra de luras


Hai uns días demos en Cambados cun boneco moi particular
Tratábase nada menos que dun polbo á feira de artesanía
Sobre unha luva de la artellábanse os tentáculos de esponxa
En movemento, e cunhas gargalladas de fondo, resulta arrepiante



Este último exemplar da tenda acababa de ser adquirido por Beni
-Cousas de ter sobriños aínda pequenos, que son a excusa perfecta-
Menos simpáticos foron estes outros cefalópodos que paso a mostrar
Fálovos das luras que atoparon uns mergulladores en California
Eran luras xigantes de Humboldt que apareceron por sorpresa
E que cara de poucos amigos tiñan estes entrañables 'Calamardos'
Recomendo ver o vídeo a pantalla completa para facerse unha idea

14/08/09

Silvio José, Fito e Pita


Cen páxinas de puro pracer; iso foi o que me regalou Marta
Refírome ao libro “Silvio José Emperador”, de Paco Alcázar
A obra é unha escolma das páxinas de Silvio José en 'El Jueves'
Que, xunto con Ortega e Pacheco, é un dos meus ídolos da revista
Sivio José “El Buen Parásito” aos seus 45 tacos vive co seu pai
-Un velliño xubilado que non sabe como desfacerse do seu fillo-
O seu mellor amigo está peor ca el e é escravo do seu Geyperman
Logo está Cubero, falso profesor de autoescola e poeta infantil
Berta Cortés, a nai de Silvio José, que está neurótica compulsiva
E o doutor De la Cuadra, o psiquiatra que os desatende a todos eles


O outro agasallo de Marta é "Fito & pita", de Alberto Guitián
Fito e Pita son dous xubilados que se meteron e se meten de todo
O lema destes dous vellos macarras é “Xa postos, postísimos”
Como o son tamén “Older & Bolder” ou “Old bakalas never die”
Outro dos personaxes é Senén, namorado dunha das súas vacas
Ou Benito, que viste de prusiano nos enterros para darlles caché
Don Cariote é o párroco exorcista, a quen axuda o enterrador
Que á súa vez é xenro do alcalde pedáneo, ataviado coma JR
As mulleres dos protagonistas tampouco teñen desperdicio
Son Lourdes a pulpeira, cun rabo de polbo tatuado no brazo
E mais Fátima, que vende farlopa para montar unha boutique
As súas aventuras públícanse cada mes na revista 'Retranca'


Para finalizar, agradecer tamén a Marcos o disco que me regalou
Trátase de “The Private Press”, do californiano DJ Shadow
Encantoume “Six Days”, cun sampler dunha banda de gaitas

07/08/09

Bóveda


Este é, probablemente, o arco de ferradura máis antigo de Europa
Data nada menos que do século IV e encóntrase ás aforas de Lugo
Forma parte do conxunto monumental de Santa Olalla de Bóveda
-Que é practicamente coetáneo da muralla e das termas romanas-
Fomos de excursión visitalo coa excusa de que eu cumpría anos
-Iso si, tras obsequiármonos cunha boas carnes e verduras á grella-
Non vimos ningún visitante de aquí, pero si había turistas alemáns
-Vese que teñen boas guías, están ben informados e poñen ganas-
O acceso contaba a cada lado cuns relevos un tanto misteriosos
Había non se sabe se un grupo de homes ou de mulleres gravados
Tamén había unha persoa cunha especie de guirnalda por riba dela
E víase tamén o que parecía un par de tolleitos esculpidos na pedra
En fin, que polo visto ninguén sabe exactamente de que se trataba




O monumento foi descuberto nos anos 20 por pura casualidade
Sábese aproximadamente de cando data, pero pouco máis
Ignórase se nun principio era un templo, un ninfeo ou todo á vez
Tampouco se coñece o seu uso posterior, e nin sequera se o tivo
Dentro consérvanse tres columnas arredor dun estanque de auga
Podería ser, polo tanto, que se tratase dun lugar con augas curativas




Aínda que tampouco se descarta unha función funeraria do edificio
De feito, entre as numerosas aves dos frescos figura un ganso
O cal seica simboliza o tránsito cara á outra vida, pero non sei eu
A min dáme que os motivos pictóricos tiñan unha función máxica
En concreto de maxia simpática, porque eran todas aves de caza
Había ademais faisáns, galos e perdices; é dicir, aves para papar


O paseo do Miño

O do Miño é o paseo fluvial máis longo de todo o cinto verde de Lugo Consta de varios treitos, comprendidos entre as pontes q ue cruzan o p...