20/03/12

Un inverno atípico



O inverno que agora nos deixa foi o máis raro que recordo da última década
Apenas nevou nada, ao contrario do que viña acontecendo nos últimos anos
De feito, só tiven que ir á montaña en dúas ocasións con motivo das nevadas
En ambas as dúas as precipitacións foron ben escasas, moi pouquiña cousa
Ademais, esas contadas nevadas rexistráronse bastante espazadas entre si
-Entre a primeira, que é esta, e a segunda transcorreron xusto dous meses-

                             



14/03/12

Medio ano con Selma



O tempo pasa e xa levamos, quen o diría, medio ano na compaña de Selma
Ate o de agora fíxose doado criala, a verdade é que máis do que agardaba
Coma a nai, ten un carácter doce que fai moi levadeira a convivencia con ela




Aquí vémola en distintas escenas da vida cotiá, na nosa casa ou nas dos avós
Revolvéndose fedellamente na súa alfombra de xogos, obsequio dos seus tíos
Ou enredando na súa hamaca, ou no berce á hora da sesta, ou lista para viaxar




O baño segue a ser unha das actividades coas que Selma se sente máis a gusto
Como ir de paseo cos seus pais, a onde queira que vaiamos, con tal de moverse
Na foto de abaixo, publicada na Voz, vémola recibindo unha lámina de Leandro
-Unha caricatura de Rosalía cando se celebraba o Día da Muller Traballadora-



Co paso dos meses, Selma foi medrando e xa non collía con folgura no cocheciño
Houbo logo que substituílo pola cadeira, onde xa se ve que está ben, moi a gusto
-A isto hai que engadir os cambios na alimentación e que lle saíron dous dentiños-
O retrato de arriba de todo é de hai tres meses, mentres que este é un dos últimos


O paseo do Miño

O do Miño é o paseo fluvial máis longo de todo o cinto verde de Lugo Consta de varios treitos, comprendidos entre as pontes q ue cruzan o p...