29/08/08

O final das vacacións


Necesitaría outro mes máis de vacacións
Dous meses seguidos se cadra xa serían de abondo
E outro mes máis polo inverno tampouco estaría mal
Serían as vacacións de inverno, para ir ao sur
Á Patagonia Chilena, a Sudáfrica ou ás Antipodas
O caso é ir ben lonxe e con mellor tempo
E quen queira ter vacacións brancas, que as teña tamén
En momentos así, sinto non ter estudado Maxisterio
Rematadas as vacacións, toca valorar o resultado
Restarlle o que se fixo ao que se quería facer
Teño aquí á beira un cadro en construción
Nin me deu tempo a rematalo en todo o mes
En realidade, debinlle dedicar sete días como moito
É algo oitenteiro; de feito, parece un tetris ao revés
Aínda que tamén podería tratarse de Benidorm
Neste mesmo PC gardo un poemario no que avancei algo
O cal vén sendo relativamente bastante
Ou sexa, moito máis do que esperaba
En canto ás lecturas, só puiden reler obras de Lovecraft
En concreto, o ciclo de aventuras de Randolph Carter
Que para min é do melloriño do autor de Providence
No capítulo da cociña, este tempo deu máis xogo
Á parte de biscoitos e empanadas, aprendín a facer pasta
Tamén deu bo resultado un cuscús que preparei
Polo demais, terracear tódolos días que non choveu
É impresionante a cantidade de xente que houbo en Lugo
Viñeron o dobre de turistas que outros anos
E iso que a oferta de concertos e espectáculos foi nula
En Santiago, hai festivais ao aire libre cada dous por tres
E pode haber ata tres concertos ao mesmo tempo
Aquí, pola contra, non houbo concerto ningún en agosto
O cal me parece máis que incrible; paréceme inmoral
Inmoral que estea tan mal repartida a oferta cultural
Inmoral que se discrimine unha cidade con máis habitantes
Inmoral que se destinen tódolos fondos ao San Froilán
Inmoral que se xestione tan mal a cultura nunha cidade
En particular polo verán, coa excusa de que hai menos xente
É dicir, funciona como a pescada que se morde a cola
En momentos así é cando sinto non vivir na capital
E así pasaron estes días de vacacións, sen pena nin gloria
Os días sucedéronse coma estrelas fugaces
Coma as bágoas de San Lourenzo, diría eu
Agora estou contando as horas para volver ao traballo
Unha vez máis, haberá que tomalo con moita filosofía
Sei que o primeiro día, pola tarde, xa estarei canso e farto
Pero éche o que hai e hai que achantar, non?

25/08/08

O medalleiro


Agora que acabaron os xogos olímpicos, toca valorar o logrado
Podo afirmar que desta vez acadamos o Olimpo
Quedamos por riba de países con 500 veces máis poboación
Por riba de estados tan desenvolvidos como Suíza ou Bélxica
Ou coma Suecia, Finlandia, Austria ou Irlanda
Por riba tamén de potencias deportivas como Arxentina
Ou como México, Portugal ou a propia Grecia
Quedamos no posto 31º, e certo é que aínda puido ser mellor
Pero dous ouros e dúas pratas non están nada mal
Para os menos de tres millóns de habitantes que somos
Para o noso nivel de vida, comparable ao portugués
O noso éxito tiña que vir do mar: somos o país das rías
E máis ouros que teriamos de seren olímpicas as traíñas
De feito, case a metade dos ouros españois son galegos
Queda claro que nisto de bogar e navegar somos unha potencia
Só faltaba poder escoitar en Beijing (ler "Peillín") o noso himno

21/08/08

A miña pintura





Hai unha delgada liña que separa as manualidades da arte
Colles un pincel, imprégnalo de pigmento e pintas nun lenzo
Que o resultado sexa artístico non só depende da técnica
Tamén inflúen as porcións áureas ou a disposición cromática
Por moi depurada que sexa a técnica, o cadro ten que ter alma
A pintura debe emocionar o espectador, debe facerse sentir
Do contrario, encontrámonos ante un insulso cadro de bazar
Pero plasmar os sentimentos nun cadro non resulta nada fácil
Ás veces, o que se quere expresar queda a medio camiño
E as expresións plasmadas non se correspoden co buscado
'Buscar' é un verbo moi axeitado cando se fala das artes
Máis nas plásticas, onde unha obra pode non acabarse nunca
Só se finaliza cando se atopa aquilo que se buscaba no cadro
Cando se consegue plasmar unha emoción na súa superficie
Cando por fin se dá expresado do mellor xeito un sentimento
Só se dá por rematada a obra cando xa non se pode mellorar
E aínda así podes quedar asaltado por un mar de dúbidas
Eu son da opinión de que calquera persoa pode pintar
E, con tempo, ganas e paciencia, calquera pode pintar ben
Considero que, en xeral, as artes plásticas son máis accesibles
Non se require un oído especial, nin unha boa coordinación
Nin estar dotado dun xenio para escribir notas ou versos
Esta idea fai que me guste aínda máis o acto de pintar
Non se nace pintor, con propiedades innatas, senón que se fai
É dicir, calquera pode chegar a pintar cadros magníficos
Así que xa hai máis dunha década que me tirei a esta piscina
Sempre me gustou debuxar, algo que fixen xa dende moi novo
Pero non empecei a darlle ao pastel ate a miña adolescencia
Daquela facía unha lámina diaria, o cal non está nada mal
O malo veu logo, cando comecei a dispor de menos tempo
Foi entón cando me iniciei nisto do óleo, e ate o día de hoxe
Cos anos, fun xuntando un feixe de cadros que me gustaron
Algúns deles téñoos repartidos pola miña propia casa
Na entrada, no salón e tamén, por que non, no propio estudio
Son, máis ou menos, os que se poden ollar aquí fotografados
Digo máis ou menos porque non se recollen tódolos matices
Pero creo que ben valen estas fotos para facerse unha idea

12/08/08

Notícia de Catalunya



O historiador Jaume Vicens Vives escribíu esta xoia a mediados dos 50
Trátase de "Notícia de Catalunya", un repaso a fondo da historia catalá
Cunha narrativa viva e fluída, o autor interpreta o pasado do seu pobo
Faino -aquí reside o interés- dende o punto de vista dos propios cataláns
Dende o xermolo da nación na Marca Hispánica do Imperio Franco
Pasando pola posterior expansión ate os confíns do Mediterráneo
Tamén pola empresa común na que se embarcaron coa coroa castelá
Polo monopolio de Castela do comercio con América na era dos Austrias
-E polas conseguintes revoltas que deron pé a unha nova independencia-
Pola conciliación e o desenvolvemento que supuxeron os Borbóns
Pola prosperidade que acadou este país de comerciantes e industriais
-Ate se converter a día de hoxe nunha das dez eurorrexións máis ricas-
Vicens Vives deixa claro que non se pode entender España sen Cataluña
-Deixaría de ser España para pasar a ser de novo a Coroa de Castela-
A súa visión hispanista vai máis alá, chegando mesmo a Portugal:

"Els unitaristas, o sigui aquells que creuen que la unitat dels pobles de la Península -perdó, ¿amb Portugal o sense Portugal?- ha estat imposada per la força i només es pot mantenir en l'esdevenidor per la força, ens presenten a la consideració diversos panoramas del passat hispànic. Els especialitzats en l'arqueologia prehistòrica han enlairat el suposat paper unificador dels celtes, mentre que els clasicistes fan remarcar sobretot l'expansió del culte imperial i la constitució de la diòcesi d'Hispània, ja en els darrers badalls de l'Imperi romà. Per si alguna d'aquestes dues hipòtesis fallava, restava el reducte de la unitat d'Hispània sota els monarques visigòtics, la qual cosa és absolutament ben provada. Dels visigots, una vegada ensorrats la reialesa i el poder a causa de la invasió musulmana, la idea unitària hauria passat, succesivament, a Astúries, Lleó i Castella, mitjançant l'acció difusa de les minories mossaràbigues -o sigui de la població cristiana que havia romàs a Al-Andalus sense renegar la seva fe-. (...)
Aquesta iŀlació dels fets, que era vigent a l'escola castellana fins a una data ben propera, està avui sotmesa a forta revisió crítica. En efecte, quan tothom estava d'acord a donar una importància decisiva al llegat de la monarquía visigótica, heus ací que Américo Castro sosté el criteri de la ruptura absoluta del món visigòtic amb el de la Reconquesta cristiana, a causa de la invasió musulmana, dels seus estralls subsegüents i, en particular, de la profundidat amb què l'Islam sabé captar l'ánima dels sis o set milions de pagesos indígenes. De fet, segons el parer exposat per una persona tan qualificada com el professor Millàs, la primera vera plataforma d'una unitat a la Península l'haurien aconseguida els califes de Còrdova -excloent-ne els territoris dels reis, prínceps i comtes cristians, tots pobríssims, que havien cercat recer a les muntanyes i que hi combatien aferrissadament per un elemental desig d'independencia.
Des del segle XI, doncs, no hi hauria hagut més que la possibilitat de fer Espanya, ja que l'Espanya geogràfica era un país gairebé musulmà i els pobles disposats a emprendre aquella tasca eren tan diversos com catalans i aragonesos, bascos, castellans i gallecs. De fet, com diu Castro, la mort d'Hispània -del regne visigot hispànic- donà lloc a la naixença de les Espanyes, o sigui a l'esdevenir de cada poble peninsular en llibertat dintre d'una tasca paraleŀla i manta vegada comuna. (...)
Nosaltres preferim l'expresió pluralisme hispànic, que es manifesta en la política del trident Catalunya, Castella i Portugal. La menció dels Cinc Regnes no correspon a la realitat, perquè Lleó romangué darrera de Castella i Aragó nolens volens darrera de Catalunya, mentre Navarra restava barrada en el seu mateix territori natiu i ancorada a la pràctica d'un perseverant tradicionalisme. Per tant, quan Castella es desempallegà de les fórmules caballeresques i partí a la recerca de les seves pròpies possibilitats -que eran plenàries i grandíssimes, com la reconquesta i la recolonització de l'Altiplanícia meridional i d'Andalusia-, llavors restà dibuixat el pluralisme hispànic en els seus tres vessants; atlàntic, continental i mediterrani. Coordinar-los hauria d'esser obra mancomunada i de perfeccionament coŀlectiu.
La llibertat d'acció que a cada membre de la comunitat hispànica medieval donava el fet de sentir-se solidari d'una mateixa causa -com és, principalment, la destrucció de la potència dels exèrcits africans a la Península durant els segles XII i XIII-, sense endogalaments ni vassallatges mutus, permet d'enfocar sota una nova i agradable llum els continuats reclams de castellans, portuguesos i catalans a Espanya i als fets dels espanyols."

Máis adiante, o autor réndelle homenaxe á diáspora catalá
Este punto de inflexión producíuse no século XVIII
Resulta curioso coñecer a súa perspectiva deste fenómeno
A súa particular visión da explotación dos mariñeiros galegos
-Trátaa como un verdadeiro acto de filantropía-
Aínda que si, debeu de supor unha maior "cohesión" do Estado
Un Estado que Vicens Vives entende como unha dicotomía:

"És en aquest moment que Catalunya s'engrega Castella endins, en una de les arrencades més generoses de la seva història. Sense programa ni propaganda, obscuríssimament, milers de catalans feren la conquesta d'Espanya. D'aquesta emigració, de les realitzacions econòmiques, tècniques i científiques dels nostres precursors d'ara fa dos-cents anys, només en tenim la petja; però dia arribarà que es contarà fil per randa la gloriosa diàspora de la gent del Principat per les terres de l'antiga Corona castellana. Per mar trobem els catalans renovant l'art de la pesca a Andalusia, Galícia, Santander i Bascònia; per terra, recorren els camins d'Espanya des de Portugal i Andalusia, des de Madrid a la Mediterrània, o bé s'estableixen com a sastres, sabaters i botiguers a les ciutats i viles de Castella, o encara ensenyen les noves tècniques agrícoles als pagesos dels voltants de Valladolid i s'instaŀlen com a tècnics en la pròpia capital, que acaben obrint per a llur comerç malgrat la dura oposició dels Cinco Gremios. Aquesta sang renova Castella i li dóna un cert dring vital.(...)
Era possible llavors de considerar Espanya com una lira, les cordes de la qual s'harmonitzarien en voluntat i amor. Però aquestes cordes potser cada vegada eren menys en nombre i menys tibants d'afectes. De fet, a través de les metàfores poètiques, Castella i Catalunya continuen essent els pols i les pilastres d l'esdevenidor de les Espanyes. Les contradiccions entre la història, la mentalitat, els horitzons i el ritme de vida llurs són essencials en el joc de la comunitat; sense elles no existiríem, ni castellans ni catalans. I així, veient que el joc de la catalanitat és inseparable d'un intervencionisme hispànic, són molts els qui es pregunten si ja no és hora que Catalunya tingui la plena responsabilitat d'organitzar la seva o les seves parceŀles d'Espanya i de plantejar amb Castella un programa comú per a tots els pobles peninsulars."

04/08/08

De festa

Para ben ou para mal nacín durante o Albariño
Unhas festas de moito postureo que cada vez aborrezo máis
-Este ano tivemos que usar tapóns para os oídos para poder durmir-
Para tratar de remedialo, facemos unha celebración distinta
Coa excusa do meu cumpreanos, imos cear a un sitio tranquilo
Ao merendoiro que se encontra trala capela do monte da Pastora
Normalmente degustamos unha churrascada asada na miña casa
Pero desta vez non foi así, porque xa me ía saír a costela polas orellas
No seu lugar, optamos por unha táboa mixta e mais criollos
-Entre outras delicatessen, como empanada ou queixo con anchoas-
Quixera agredecer aos presentes os agasallos recibidos
En primeiro lugar a Marta, pola súa maquiavélica idea
-Obsequioume cunha cámara dixital completiña e cun bo flash-

E logo aos demais, que tan ben coñecen os meus gustos
-Déronme uns cómics baseados en obras de Poe e de Lovecraft-


A mágoa foi que Melissa torcese o nocello ao baixar do monte
-Tamén estaba a súa cadela, Xena, chimpando por alí-

E sorte que a puido levar a urxencias Jesús, o único chofer abstemio
-Aínda que a súa mueca non o aparente nunha foto que lle saquei-

Por certo, con Víctor semella formar un grupo vangardista xermano
-Ao estilo de Jazzanova, barba e gafapasta incluídas-

Tentei sacarlle algunha foto a Isa, pero non houbo forma
-Si lla puiden sacar a Gonzalo, aguantando as maniotas da capoeira-

A min fotografáronme con Beni, nun discreto segundo plano

A foto fíxoa Berto, quen na escuridade lles daba voz ás árbores

E isto é o que deu de si a festa, que non é pouco

O paseo do Miño

O do Miño é o paseo fluvial máis longo de todo o cinto verde de Lugo Consta de varios treitos, comprendidos entre as pontes q ue cruzan o p...