25/04/19

Cantabria


Esta Semana Santa visitamos Cantabria, fundamentalmente pola costa
A nena, que nunca antes estivera nesas terras, moi ben o pasou durante a viaxe
A primeira parada fixémola en San Vicente de la Barquera, vila cun castelo do século XIII




Por Santander pasamos varios días, nos que puidemos coñecer mellor esta cidade
Visitamos os xardíns de Pereda, onde subimos a un carrusel con dúas plantas de cabaliños




Tamén fixemos o ascenso por unha pasarela mecánica ata a parte alta da cidade
Alí vimos un mercado e un monumento ás queixeiras que pouco ten que ver co de Arzúa




Comprobamos que, en comparación, nas procesións o público asistente era bastante escaso
E, por suposto, tamén puidemos contemplar algúns dos edificios máis senlleiros da capital cántabra
Foi o caso das sedes de Correos e do Banco Santander, da catedral, do casino ou do palacio da Magdalena




Sobre estas liñas, vemos o interior do Mercado Municipal do Leste
Debaixo, o Centro Botín, onde subimos nun ascensor falangueiro para gozar das vistas




Santander é lugar de paso para os viaxeiros dos transbordadores que conectan a cidade coas Illas Británicas
Baixo estas liñas, a vista dende o miradoiro do monte Rubí, no parque de Cabárceno, que merece un capítulo á parte




De Santander fomos ata Santoña, unha vila chá ao pé dun monte nunha península á beira dunhas marismas protexidas
Alí degustamos as famosas anchoas, que os pesqueiros vendían xa envasadas nas súas propias tendas xunto con outras conservas




O noso último destino foi o conxunto histórico-artístico de Santillana del Mar
Nesta vila ancorada varios séculos atrás o principal monumento é a colexiata de Santa Xiana




A pesar das datas, non había demasiada xente, máis que nada grazas ao mal tempo que nos cadrou




Antes de irnos, visitamos o museo da cova de Altamira, ao carón de Santillana
Alí moito aprendemos sobre como vivían os poboadores da zona na Idade de Pedra 




Entramos a ver as reproducións de arte rupestre nunha réplica da cova
Recoñecemos diversos animais pintados na rocha, coma bisontes, cabalos ou cervos




Tamén participamos, no propio museo, nun obradoiro dirixido ás familias con pequechos
Con carbón, con pinturas, con paus ou con plumas, debuxamos e coloreamos coma os artistas das cavernas


O paseo do Miño

O do Miño é o paseo fluvial máis longo de todo o cinto verde de Lugo Consta de varios treitos, comprendidos entre as pontes q ue cruzan o p...