28/02/09

Na Gloira




Este é o mellor lugar que coñezo para degustar un bo 'chai hindú'
Trátase da Gloira, unha das teterías da Cidade Vella da Coruña
Tamén ofrece un dos tés con menta máis auténticos que probei
Mesmo iguala os que bebín ao pé da torre Koutoubia, en Marrakesh
O biscoito de sementes de papoula é outra das súas especialidades
Ao igual có de chocolate ou o de mazás con noces, exquisitos
Pero o mellor deste local non son os tés, nin a respostería
O que máis me atrae é o seu ambiente, de riqueza multicultural
Sempre está a soar música realmente interesante, polo xeral étnica
Sons propios da India, de Oriente Medio, do Magreb, dos Balcáns...
Por se fose pouco, un dos tripulantes é un dervixe dos bongós
Pode estar horas e horas petando neles ate acadar o estado de éxtase
A min paréceme un lugar máxico, á luz das velas e con aroma a incenso
A última vez que fomos, onte mesmo, escoitamos un disco enteiro
O "Fake No More", dos panbalcánicos "La Cherga", moi, moi fresco

24/02/09

Bitácoras retranqueiras


Hai días descubrín un par de bitácoras ben retranqueiras
Así que, levado polo espírito do Entroido, dou conta delas
Trátase de "Tan gallego como el gazpacho", de risa asegurada
E mais de "Lolmartaz", adicado á escritora Marta Rivera
Co subtítulo de "blog no oficial de la musa del tangalleguismo"
No que, ademais, "todos aman a Hipnomarta" -ver comentarios-
Pódese, tamén, comparar este blog co oficial da escritora
E xulgar entón cal dos dous resulta máis interesante para o lector
O mesmo ocorre co irreverente "Tan gallego como el gazpacho"
Trata de superar o espírito de "Tan gallego como el gallego"
Eu, humildemente, considero que o consegue, polo menos en chispa
Chegue ler frases coma a que describe unha das últimas manifestacións:

"Qué gusto da pasear por las mojadas calles de Santiago de Compostela (y cierra España!) cuando sabes que tienes la razón y la policía está contigo para apoyar tus argumentos."

Contribúe ao noso coñecemento do acontecido cun vídeo ilustrativo
Eu diría cunha montaxe maniquea, pero non menos interesante por iso:



O punto culminante deste vídeo é o "insulto" dunha señoriña
No minuto 1 chámalles "aldeanos" a uns contramanifestantes
-A este respecto, ignoro se pacíficos ou non, que os había-
E digo eu: señora, pero que clase de insulto é ese?

18/02/09

Os moteiros peludos


Este é un dos programas que estou a seguir hoxe por hoxe
É unha marabilla de mestura de xéneros televisivos
Ao mesmo tempo, trátase dun programa de cociña e de viaxes
Pero o mellor de todo é o sentido do humor dos protagonistas
Fálovos de "The Hairy Bikers Cookbook", producido pola BBC
Os moteiros peludos son Dave Myers e Simon King
Vaia par de personaxes, homes de mundo coma dous mundos
Ámbolos dous traballaran anteriormente tralas cámaras
Myers fixérao como maquillador tras pasar pola siderurxia
Mentres que Si King era buscador de localizacións exteriores
A cabalo das súas motos viaxan polos cinco continentes
E alí onde fan unha parada cociñan os pratos propios da zona
Todo adubiado co sal e as especias da súa incrible vis cómica
A serie pode verse cada domingo ás catro da tarde en Localia

12/02/09

The Clown Wars


Falando de pallasos, aquí temos "The Clown Wars"
Trátase dunha expansión do xogo de cartas Star Munchkin
Ao que tiven ocasión de xogar a pasada fin de semana
Ámbolos dous foron "agasallos" que lle fixemos a Jesús
-Co gallo dos seus 32 anos e da súa paixón pola saga de Lucas-
Nesta ambientación o monstro máis temible é tamén Cthulu
-Ao igual ca no Munchkin Cthulu, por ser un monstro espacial-
E as armas que acaban en '-áser' son acumulables se es técnico
-Os personaxes poden ter clases e mais razas, coma no orixinal-
En fin, máis diversión garantida aínda se cabe
-Que o inverno éche moi longo e as tardes, nin che conto-


10/02/09

Muchachada Nui



Van empezar a emitir unha nova temporada de "Muchachada Nui"
Será os mércores ás once e media na 2, seica a a partir do día 18
E claro, esta é unha moi boa noticia para os siareiros do fenómeno
Xa non está "El Payaso", ese gran personaxe de "La Hora Chanante"
-Paramount Comedy quedara tamén cos dereitos do nome do programa-
Pero segue "El Gañán" -que realmente é o menos gañán de todos-
Reencarnado baixo a identidade de Marcial Ruíz Escribano



"El Payaso" deixounos uns cantos vídeos irrepetibles
Para min o máis logrado é o de "Estoy fatal de lo mío"
-No que uns pequenos homiños coa voz pitufada falan na súa cabeza-
Pero, pola súa carga social, tamén recomendo "Vivo con tu madre"
Polo seu surrealismo, tampouco podo esquecer "Zorro 2000"
Ou o incalificable "Guapamente te lo traigo nianoniano"



01/02/09

Un tipo de azul


"Kind Of Blue", de Miles Davis, cumpriu 50 anos
Este álbum é a xoia da coroa da discografía de Davis
Foi gravado nunha soa xornada, así como se nada
É como aplicar na música a 'mise en scenne' do cine da época
Hai todo un traballo previo de estruturación e de composición
Así, o material só precisa ser posto en escena polos músicos
Claro que Miles xogaba con virtuosos únicos na historia do jazz
-Cannonball Adderley, Paul Chambers, Bill Evans...-
Como o era el mesmo, co inconfundible son da súa trompeta
Medio século despois, ese monumento segue en pé, fresco de todo
E existe unanimidade entre crítica e público, algo ben raro
Con catro millóns de copias, é o disco de jazz máis vendido
Segundo o baterista, Jimmy Cobb, o álbum fora feito no ceo
-A acústica da gravación así o parece demostrar-
E, como non, foi reeditado por 'Legacy Records' como merece
Xunto con "All Blues", un tema salientable do disco é "So What"
Un nome ben 'cool', premonitorio da súa actual vixencia

O paseo do Miño

O do Miño é o paseo fluvial máis longo de todo o cinto verde de Lugo Consta de varios treitos, comprendidos entre as pontes q ue cruzan o p...