19/07/16

Aleatoria



O pintor Luis Berroy vén de inaugurar unha nova exposición, denominada 'Aleatoria'
Nela amosa unha vintena dos seus últimos traballos, definidos por unhas cores con carácter
Nado na capital catalá en 1972 e arousán de adopción, o artista conta xa cun dilatada traxectoria



Este é un detalle captado nunha das obras pertencentes á mostra
Como se pode apreciar, a intensidade cromática reviste de xenio as pinturas




Bregado na experimentación coa pintura electrónica, Berroy mudou de vía de expresión
Desta volta escolleu sacarlle todo o partido á paleta de acrílicos para se renovar e se reinventar




Neste cadro adivíñase unha homenaxe a Tàpies, o seu admirado compatriota
Non en van, innovación e vangarda van da man por esta 'Aleatoria' de estilo libre



Velaí os nomes dos traballos, identificados con dúas letras máis un número
As iniciais do autor e uns díxitos, sen necesidade de recorrer a subterfuxio ningún



A exposición pódese visitar no propio taller onde se pintaron os cadros
Trátase do obradoiro que o escultor Manuel Rial rexenta na Telleira, en Meaño


A filla do pintor, Catuxa, participa na autoría dalgunhas das obras
É o caso da parella de fondo azul que se encontra sobre estas liñas
Achegoulles a vitalidade e a sinxeleza propias dunha nena de tres anos
A autoría das seguintes fotografías pertence á tamén arousá Thais Núñez






O paseo do Miño

O do Miño é o paseo fluvial máis longo de todo o cinto verde de Lugo Consta de varios treitos, comprendidos entre as pontes q ue cruzan o p...