27/02/19

Paisaxes de Lugo (III)



Nos últimos meses compartín na miña conta de Instagram unha serie de fotos con paisaxes de Lugo
Son na súa maior parte imaxes captadas co meu propio móbil durante coberturas por toda a provincia
Esta primeira instantánea amosa un xogo de luces e sombras no lugués parque de Rosalía, onde traballo
Baixo estas liñas, vemos a típica estampa invernal e nevada á beira dunha palloza no poboado do Cebreiro




Outro fenómeno meteorolóxico que me encanta plasmar coa cámara é o do arco iris
Como 'intrépido' cazador de arcos da vella, capturei este especime dende a ventá da casa




Sobre estas liñas, vemos como incide o sol xusto onde o Landro se transforma na ría de Viveiro
Debaixo, temos un mar de nubes na Chá, correspondente á vista dende un alto en San Simón da Costa




Sen saír de Vilalba, estas son diversas fotos do río Madalena, a segunda co reflexo invertido
Logo temos o Muíño do Rañego, no Paseo dos Soños, e unha vista dende a Torre dos Andrade




A néboa pode dar moito xogo á hora de crear paisaxes fastasmagóricas
Da Terra Chá viaxamos cara a Friol, cun prado máis verde ca moitos parques




Dende as faias na primavera aos carballos polo outono, o verde sempre dá moito xogo
Son fotos sacadas nos Ancares e no Veral, mentres que as de abaixo corresponden a Soutomerille




O Castiñeiro da Corredoira, árbore senlleira, é unha figura recorrente na galería do meu móbil
Tamén o son certos parques de Lugo, coma o devandito de Rosalía ou este de Paradai de Abaixo




Esta soberbia glicinia teño a sorte de admirala moi preto de onde vivo
Non menos espectacular é o reflexo da paisaxe ribeirá no encoro dos Peares


O paseo do Miño

O do Miño é o paseo fluvial máis longo de todo o cinto verde de Lugo Consta de varios treitos, comprendidos entre as pontes q ue cruzan o p...