26/07/13

Os cirrios de Lugo



O cirrio é un paxaro semellante á anduriña, aínda que de maior envergadura
Emigra ata estas latitudes dende finais da primavera ata xa mediado o verán
A maior colonia destas aves no noso país encóntrase nun lugar moi especial
Nada menos que onda un monumento declarado Patrimonio da Humanidade
Esa numerosa colonia de cirrios cría nas paredes da muralla romana de Lugo
Xa que teñen dificultades para emprender o voo dende o chan, non se pousan
Así que están en todo momento a voar polo ceo por riba dos muros lugueses
Son insectívoros incansables, polo que devoran todo bicho que se aproxime
Véxoos a diario a primeira hora da mañá, cando están especialmente activos
De camiño ao traballo, alédanme os amenceres cos sons que os caracterizan
Adoito ir dende a porta do Bispo Odoario ata a de Santiago, pasando pola Miñá

Selma en 2020

Coma tantas, miña filla lembrará este 2020 como o ano en que botou un mes e medio sen saír da casa Pero como á súa idade é tan sumamente ada...