Vexo que xa se nos bota o Nadal enriba
-Témome que no sentido máis literal da expresión-
Así que vos deixo unha postal atípica
Trátase do lugués Paseo do Rato completamente nevado
Resulta curioso que mesmo o tempo se conxela nestas datas
Hoxe padecín os catro graos baixo cero non lonxe desta paraxe
Os amantes do esquí seica van esquiar
Os amantes da boa mesa fan o seu agosto
Os amantes a secas saben que fai frío fóra
O Nadal éche o que ten
Non deixa a ninguén indiferente
1 comentario:
teño que recoñecer que a foto e preciosa pese a todo o frio que pases por mor da neve
Publicar un comentario