26/03/08

O caderno de bitácora de Carmen


A parella doutro compañeiro, de Fron, tamén se chama Carmen
Fálovos de Carmen Porteiro, a rapaza da foto
Quen ademais tamén foi compañeira miña
O seu é a publicidade
Por iso non estivo connosco por moito tempo
-En todo caso, ben que a botei de menos cando se foi-
A instantánea da terraza dános a benvida á súa ventá na rede
Que se denomina "Caderno de bitácora de Carmen"
Nela comenta en especial temas relacionados coa comunicación
De todo tipo, non só do mundo dos publicistas
Dende spots ata series, filmes, programas, libros e un longo etc.
-E mais cousas á parte, por suposto, como todo o mundo-
Así que considero o seu blog dun grande interés
E recoméndolles a súa lectura ós entusiastas do xénero

2 comentarios:

camaposa dixo...

xa me parecía a min que eras ti, aínda que tiña as miñas dúbidas, pero xa mo confirmou fron. Tantos halagos parécenme excesivos, pero gracias ho!
un saúdo

Dr Smurf dixo...

Que humildiña me es, filliña. Só digo verdades como puños. E se non, "aos feitos me remito".

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...