Son as da melodía que abre e pecha "Stolen Moments"
Un tema do álbum "The Blues and the Abstract Truth"
Composto polo saxofonista Oliver Nelson, foi gravado no 1961
O plantel que participou na gravación do disco era de excepción
Músicos como o pianista Bill Evans ou o trompetista Freddie Hubbard
O non menos virtuoso Paul Chambers no baixo
Ou mesmo Roy Haynes na batería
Como non cabía esperar menos, o resultado foi fóra de serie
-En particular, neste tema que serve de apertura do disco-
Se as notas son xeniais, a súa execución non é menos impresionante
Incluso cabe dicir que o resto do álbum queda nun segundo plano
Ó meu modo de ver, é unha especie de oda ó tempo perdido
Unha expresión musical dos momentos vividos ou non no cotián
E que se esvaen en reviravoltas como follas que leva o vento
-Por empregar un símil gráfico-
Doutra banda, os xaponeses UFO fixeron unha versión deste tema
Foi no 1994, no álbum "No Sound Is Too Taboo"
De feito, a versión de United Future Organization foi a primeira que oín
É máis compacta, cun tempo máis acelerado, pero igual de xenial
É tamén doutro estilo moi diferente, máis próximo ó 'acid jazz'
Á súa maneira, supón unha loa ó cosmopolitismo ben entendido
Quero dicir, ós espíritos abertos a linguaxes artísticas como esta
Á apertura de mentes á música sen fronteiras, en definitiva
Á expresión musical da verdade abstracta sen límites autoimpostos
Ningún comentario:
Publicar un comentario