14/01/10

A meus avós




Hoxe cúmprense vinte anos da morte do meu avó
Francisco Pérez Prego, cambadés, nacera no 1901
Na foto, de finais dos 70, tiña xa preto de 80 anos
Fora daquela cando quedara cego, como o lembro
Era unha persoa alegre, faladeira e mais cantareira
A dicir verdade, a querenza que me tiña era mutua
-Eu son o neno que o acompaña cara á nosa casa-
E sempre procurei coidar del, ate o día que se foi
Como a el, tamén recordo o resto dos meus avós
Tanto a Manuel Aragunde como a Luísa Cacabelos
Á outra avoa, Carmen Castro, non puiden coñecela
Como tampouco puiden ver vivos os meus bisavós
Malia todo, coñezo os seus nomes, comúns daquela
E mailos seus apelidos, algúns tan propios da zona
É o caso de Vieites, de Mouta, de Búa, de Vilanova
-Si, a forma orixinal, e non a deturpada “Villanueva”-
E mais de Santórum, de Leiro, de Sar ou de Besada
A todos eles, o meu máis fondo respecto e memoria

2 comentarios:

helena dixo...

Que satisfeito se che ve agarrado ao bastón do avó. Fermosa foto!

Dr Smurf dixo...

Graciñas, Helena! Polo que se ve, algunha vez fun á moda, cos pantalóns de campá que se levaban daquela. Non vou dicir que fosen mellores, pero si que eran tempos sinxelos.

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...