24/06/26

O San Xoán da Piringalla



A da Piringalla é a fogueira máis grande das terras lucenses e unha das meirandes de todo o país
Supón a máxima expresión da celebración do San Xoán por parte da veciñanza deste populoso barrio do norte de Lugo
A cacharela ocupa un ferrado, que é unha forma poética de loar o seu tamaño cunha medida tan máxica coma a noite máis longa do ano




Antes de poder contemplar o lume, que se prendeu xusto á medianoite, houbo no ceo uns fogos de artificio
Tampouco podía faltar a verbena cos consabidos ritmos caribeños en español que tanto triunfan dun tempo a esta parte
Á parte da orquestra de Baralla, o momento estelar da noite meiga foi a Festa do Becerro, organizada pola asociación de veciñal do barrio



O evento mereceu, este ano si, un rigoroso directo na programación especial por parte dos medios públicos
E casualmente nel facía aparición a artífice da moción de censura que lle outorgou o goberno da cidade á pepeirada
Logo as redes xa se encargaron de facer a súa maxia do San Xoán con IA e con simpatía, con resultados como o arriba exposto



O San Xoán da Piringalla

A da Piringalla é a fogueira máis grande das terras lucenses e unha das meirandes de todo o país Supón a máxima expresión da celebración do...