Esta criaturiña é a filla que acabamos de ter Marta e mais eu
Naceu onte, pasadas xa as once e media dunha longa noite
A nena pesou xusto o mesmo ca min cando viñen ao mundo
Aparentemente tamén é morena, tranquila e con certo xenio
O parto foi natural, inducido con prostaglandinas e oxitocina
Unha vez posta a epidural, a dor remitiu e a nai logo deu a luz
Daquela comezamos a respirar tranquilos e a darlle a benvida
Axiña abriu os seu grandes ollos e comezou a inspeccionarnos
Nunca esquecerei o seu aroma de neonata, como a palla seca
Ficamos exhaustos, tras vivir unha experiencia única, completa
Así que arestora descansamos como podemos, no día despois
Aínda así, quixera agredecer os apoios de todos estes meses
10 comentarios:
Precioso nome, para unha preciosa e afortunada nena. Parabéns!!!
Enhorabuena!!!
Noraboa os pais!
Felicitats al pare i, sobretot, a la mare ^^
Seguro que é fermosísima, pero agardo novas fotos para dicilo :D
Noraboa.
Noraboa
Enhorabuena! Zorionak! (como dicen en nuestra tierra). Un fuerte abrazo de nuestra parte.
Dani y Carol (desde Madrid)
Graciñas! Gràcies! Ezkerrik asko!
Noraboa por esa xoubiña !!!.
Ten un nome ben avalado !.
Graciñas, Paideleo!
Publicar un comentario