21/08/08
A miña pintura
Hai unha delgada liña que separa as manualidades da arte
Colles un pincel, imprégnalo de pigmento e pintas nun lenzo
Que o resultado sexa artístico non só depende da técnica
Tamén inflúen as porcións áureas ou a disposición cromática
Por moi depurada que sexa a técnica, o cadro ten que ter alma
A pintura debe emocionar o espectador, debe facerse sentir
Do contrario, encontrámonos ante un insulso cadro de bazar
Pero plasmar os sentimentos nun cadro non resulta nada fácil
Ás veces, o que se quere expresar queda a medio camiño
E as expresións plasmadas non se correspoden co buscado
'Buscar' é un verbo moi axeitado cando se fala das artes
Máis nas plásticas, onde unha obra pode non acabarse nunca
Só se finaliza cando se atopa aquilo que se buscaba no cadro
Cando se consegue plasmar unha emoción na súa superficie
Cando por fin se dá expresado do mellor xeito un sentimento
Só se dá por rematada a obra cando xa non se pode mellorar
E aínda así podes quedar asaltado por un mar de dúbidas
Eu son da opinión de que calquera persoa pode pintar
E, con tempo, ganas e paciencia, calquera pode pintar ben
Considero que, en xeral, as artes plásticas son máis accesibles
Non se require un oído especial, nin unha boa coordinación
Nin estar dotado dun xenio para escribir notas ou versos
Esta idea fai que me guste aínda máis o acto de pintar
Non se nace pintor, con propiedades innatas, senón que se fai
É dicir, calquera pode chegar a pintar cadros magníficos
Así que xa hai máis dunha década que me tirei a esta piscina
Sempre me gustou debuxar, algo que fixen xa dende moi novo
Pero non empecei a darlle ao pastel ate a miña adolescencia
Daquela facía unha lámina diaria, o cal non está nada mal
O malo veu logo, cando comecei a dispor de menos tempo
Foi entón cando me iniciei nisto do óleo, e ate o día de hoxe
Cos anos, fun xuntando un feixe de cadros que me gustaron
Algúns deles téñoos repartidos pola miña propia casa
Na entrada, no salón e tamén, por que non, no propio estudio
Son, máis ou menos, os que se poden ollar aquí fotografados
Digo máis ou menos porque non se recollen tódolos matices
Pero creo que ben valen estas fotos para facerse unha idea
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
O parque de Marcos Cela
Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...
-
Sempre considerei que os meus mellores amigos son meus pais Por múltiples razóns, comezando polo trato que nos demos Meus irmáns sempre os...
-
Boa parte das andainas das últimas semanas dediqueinas a coñecer mellor o Fervedoira Deste río do cinto verde de Lugo unicamente percorrera ...
-
Parece que foi o outro día cando fixen vinte anos en Lugo , e resulta que xa pasaron outros cinco Hoxe mesmo, cúmprese un cuarto de século d...
Ningún comentario:
Publicar un comentario