Este é o mellor lugar que coñezo para degustar un bo 'chai hindú'
Trátase da Gloira, unha das teterías da Cidade Vella da Coruña
Tamén ofrece un dos tés con menta máis auténticos que probei
Mesmo iguala os que bebín ao pé da torre Koutoubia, en Marrakesh
O biscoito de sementes de papoula é outra das súas especialidades
Ao igual có de chocolate ou o de mazás con noces, exquisitos
Pero o mellor deste local non son os tés, nin a respostería
O que máis me atrae é o seu ambiente, de riqueza multicultural
Sempre está a soar música realmente interesante, polo xeral étnica
Sons propios da India, de Oriente Medio, do Magreb, dos Balcáns...
Por se fose pouco, un dos tripulantes é un dervixe dos bongós
Pode estar horas e horas petando neles ate acadar o estado de éxtase
A min paréceme un lugar máxico, á luz das velas e con aroma a incenso
A última vez que fomos, onte mesmo, escoitamos un disco enteiro
O "Fake No More", dos panbalcánicos "La Cherga", moi, moi fresco
Ningún comentario:
Publicar un comentario