13/04/09

De ponte á devesa



Seguimos con visitas, nesta ocasión á ancha Castela
A familia madrileña de Marta levounos a ver a serra de Gredos
Dende unha devesa toledana divisábase o pico Almanzor nevado
Estábase moi ben, facendo a dixestión entre enciñeiras floridas
Tamén estivemos con Eledhwen e Tury, xogando toda unha tarde


Tivemos tempo, ademais, para ollar de preto varios castelos
En Toledo vimos o de Maqueda, e á volta o de Medina del Campo
-Estupenda praza para as feiras, a desta histórica vila-
Xa no limítrofe Bierzo, fixemos unha parada obrigatoria
Por nada nos perderiamos un café no Prada a Tope, en Cacabelos

4 comentarios:

eledhwen dixo...

Cando querades, repetimos. E a ver se o fai mellor o tempo.

camaposa dixo...

Sei que non ten que ver coa entrada, pero ando algo mosca. Eu non me fixen seguidora, como é que estou ahi????

Dr Smurf dixo...

Tomamos nota, Eledhwen. Sóubome a pouco, así que non se descarta unha futura visita a medio prazo. E o mesmo vos digo a vós.

Carmen, non che teño nin idea de como puideches aparecer aí sen o teu consentimento. O primeiro que se me ocorre é algunha trasnada do ollo que todo o ve, Google (de feito, figuras dende hai meses como seguidora na edición do blog, e sen eu tocar nada).

En todo caso, se queres que te suprima dese apartado, non che teño inconveniente ningún.

camaposa dixo...

non fai falla, pero gústame facer as cousas por min mesma, non necesito un motor automático, que aínda teño mans para andar co rato e teclear. simplemente era unha observación

Barbie, Cine e Moda

  Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda...