Este ano o Festival Sónar vai vir a estas terras
-Cousas do Xacobeo, cando menos as esperas-
Será entre o 17 e o 19 de xuño, en Expocoruña
De máis novo, sempre tiven a ilusión de asistir
Mesmo comprara os álbumes do 1997 ao 2003
Pero nunca me cadrou ir a Barcelona por xuño
Logo, a calidade empeorou; era raiante de máis
E agora preséntaseme esta oportunidade, tarde
Ou iso cría, ate que me informei sobre o cartel
Levei a sorpresa de que estaba un grupo único
Que figura entre os meus preferidos: Broadcast
Un grupo de postrock retrofuturista e bucólico
Fora por aquela época cando comezara a oílos
E o meu interese medrara conforme os coñecía
O seu mellor disco éme “Work and Non Work”
-Pleno en reminiscencias de contos e de soños-
Séguelle o retro “The Noise Made by People”
Ou o onírico, terso e detallista “Ha Ha Sound”
“Tender Buttons”, do 2005, fíxose máis electro
Aínda que, hoxe en día, continúa fiel á súa liña
O concerto é o venres 18, ignórase a que hora
Tratarei de ir, que tamén toca Mathew Herbert
-Enfant terrible que deixaremos para outro día-
Ningún comentario:
Publicar un comentario