Isto revela como empeza todo, para todos e cada un de nós
Cunhas poucas semanas de vida somos así, coma un feixón
Este que se ve na ecografía é o fillo que temos en proxecto
Se todo nos vai ben, nacerá contra o final do verán vindeiro
Polo camiño agárdannos ducias de probas e algún sacrificio
Pero queremos pensar que as penas van ser recompensadas
-Do contrario, non nos tirariamos a esta piscina por encher-
Por suposto, é unha decisión meditada, espero que correcta
O tempo xa nolo dirá, en todo caso, aínda que son optimista
Tamén teño claro que o último que quero é que Marta sufra
-Non máis ca no sentido bíblico, e se se pode evitar, mellor-
Trataremos de que todo vaia ben e dea a luz un meniño san
De entrada confórmome con iso, e o demais xa virá despois
Todo sexa por traer vida ao mundo e a este avellentado país
Aínda que, segundo se mire, non é xusto ter que nacer aquí
Pois sobran, sen ir moi lonxe, sociedades máis civilizadas
Aquelas nas que non se botan en falta educación e respecto
Malia todo, alégrome de dar esta noticia: Marta, en estado
5 comentarios:
Espero que nos teñas cumpridamente informados da evolución. :)
Ide pensando nomes e, inda que xa cho dixen no FB, deixo tamén aquí un...
¡PARABÉNS!!!
Graciñas, Elena!
Tereivos ao tanto, claro que si. En canto ao do nome, case mellor esperamos a saber se é neno ou nena, non?
Bicos!
PArabens, rapaz, e agora a coidala moito.
Pd: o dos nomes podería comezar agora igual, so haberia que escolelr de neno e de nena :P
Parabéns !.
Non vos ides arrepentir. Pouco cousas pagan a pena e unha é a de ter un fillo.
Agradecidos quedamos polos ánimos, Paideleo.
Graciñas tamén pola túa felicitación, Toxo!
Publicar un comentario