Todo comezou aquí, na planta de obstetricia do hospital Lucus Augusti
Un centro hospitalario acabado de nacer tamén, tan só dez meses atrás
As habitacións, ben deseñadas e equipadas, mesmo parecían nórdicas
Nesta foi onde transcorreron os primeiros días dunha Selma cambiante
O rostro ía mudando en cuestión de horas, recompoñéndose tras o parto
Ao tempo que comezaba a perder lanuxe, a fronte estaba a redondearse
Dun día para outro transformábase a súa faciana dun xeito espectacular
Aos catro días do seu nacemento xa lles deron a alta á meniña e a Marta
Daquela retornamos ao noso tranquilo fogar para iniciarmos unha vida nova
Cuns horarios estritos, adaptados ás necesidades dun ser de medio metro
-Alguén que non distingue entre día e noite e só sabe do xantar e da sesta-
Esta é unha das súas posturas favoritas, coa que bota gases e logo dorme
Aquí ollamos un detalle da morenaza que nos está a conquistar o corazón
Aquí ollamos un detalle da morenaza que nos está a conquistar o corazón
Outro dos seus momentos predilectos ao longo do día é despois do baño
-Cando a secamos coa toalla e lle damos cremiña hidratante sobre a pel-
Só me queda lembrar ese grande instante no que se fixo algo máis maior
7 comentarios:
miña nai!!!!..... que linda está.... :)
E cada día máis! :)
Que preciosidade, agora ven a a aventura máis grande... criala ;-) e estou convencido de que o faredes estupendamente.
Xenial a reportaxe tamén... moi do teu gremio ;-)
Graciñas, Javi! Si que che é unha aventura, e embarcados nela navegamos por mares ignotos tratando de ir rumbo a bo porto.
que preciosidade de meniña, me ha namorado !!! parabens aos pais.
preciosa, guapísima e o Lucus Augusti sáese pola pana...en Lugo sabedes facer moi ben as cousas! noraboa!
Graciñas, Paula! Non nos atribúas tamén a nós o mérito do hospital... Tardaron case dez anos en facelo, e iso tíñase que notar.
Graciñas tamén a ti, o anónimo, sexas quen sexas.
Publicar un comentario