Preto de Brasov encóntrase o castelo de Bran, levantado polos saxóns no s. XIV
Esas son as escaleiras que conducen ao interior dunha fortaleza lendaria mais real
Por dentro, o edificio deléitanos con estancias acolledoras e chemineas feitucas
-Aínda que o mobiliario foi traído posteriormente polos seus actuais propietarios-
En canto ás vistas dende o castelo, na contorna poden ollarse casas tradicionais
Abundan ademais as prazas hoteleiras, posto que se trata dun gran foco turístico
En Muntenia, aínda que cerca do límite con Transilvania, está o castelo de Peles
Concretamente, atópase en Sinaia, unha vila de montaña encravada nos Cárpatos
Tal elección desta ubicación, por parte do rei Carlos I de Romanía, non fora casual
Esta residencia de verán situábase moi próxima a un principado de fala romanesa
Non en van, o territorio transilvano sería anexionado ao resto do reino anos despois
O patio interior do castelo recórdanos as orixes deste monarca nado en Alemaña
Neste caso, os arredores tamén son de interese, tal como se pode apreciar na foto
-De feito, outro castelo, o de Pelisor, forma parte do mesmo complexo residencial-
Ningún comentario:
Publicar un comentario