Continuamos a nosa viaxe cara ao nordeste e cruzamos de novo os Cárpatos
Desta volta fomos de Transilvania a Moldavia, a través de fermosas paraxes
A ruta que seguimos transcorría por entre interminables bosques de coníferas
Ata que chegamos a un porto de montaña de fondas reminiscencias literarias
Refírome ao Paso de Borgo, onde Bram Stoker ubicara o castelo de Drácula:
“No Paso de Borgo a miña carruaxe estarao agardando e traerao onda min. Espero que a súa viaxe dende Londres transcorrese sen incidencias e que goce da súa estadía no meu bonito país."
Alí mesmo érguese hoxe en día un hotel que ofrece entretidos espectáculos
A dous quilómetros está o límite con Moldavia, en particular coa Bucovina
Este territorio moldavo estivo baixo o dominio do Imperio Austrohúngaro
-Máis en concreto, formara parte do antigo reino de Galicia... e Lodomeria-
De feito, o norte da Bucovina pertence actualmente á república ex soviética
Mentres que o resto de Moldavia, Besarabia, é unha república independente
-Fora conquistado polo Imperio Ruso ao Otomán hai agora douscentos anos-
De camiño aos mosteiros da Bucovina deleitámonos nun mercado tradicional
Coas súas pintorescas carruaxes de cabalos ou cos seus ricos queixos do país
Logo visitamos os mosteiros medievais, cos seus valiosos frescos nos templos
-Vimos ata catro igrexas con pinturas no exterior, cada cal mellor conservada-
Dos séculos XV e XVI, tamén foron declarados Patrimonio da Humanidade
Por último, fixemos noite na cidade de Piatra Neamt, xa na Moldavia occidental
Non sen antes ollala dende arriba nun funicular que nos conduciu ata un mirador
E así discorreu o noso paso por estas terras do antigo principado de Moldavia
Sempre nos quedará a lembranza de que alí cumprimos dez anos como parella
2 comentarios:
Qué boa pinta teñen esas hortalizas.
Dos queixos non opino, que non son imparcial.
Os cogombros estaban de vicio... E os queixos, tirando a salgados, combinaban á perfección na mesa cos cogombros e uns tomatiños.
Publicar un comentario