O
cirrio é un paxaro semellante á anduriña, aínda que de maior envergadura
Emigra
ata estas latitudes dende finais da primavera ata xa mediado o verán
A maior colonia destas aves no noso país encóntrase nun lugar moi especial
Nada
menos que onda un monumento declarado Patrimonio da Humanidade
Esa
numerosa colonia de cirrios cría nas paredes da muralla romana de Lugo
Xa que
teñen dificultades para emprender o voo dende o chan, non se pousan
Así que
están en todo momento a voar polo ceo por riba dos muros lugueses
Son
insectívoros incansables, polo que devoran todo bicho que se aproxime
Véxoos
a diario a primeira hora da mañá, cando están especialmente activos
De
camiño ao traballo, alédanme os amenceres cos sons que os caracterizan
Adoito ir dende a porta do Bispo Odoario ata a de Santiago, pasando pola Miñá
Ningún comentario:
Publicar un comentario