05/07/19

20 anos en Lugo



Hai hoxe vinte anos, o 5 de xullo de 1999, chegaba a Lugo para comezar unha nova andaina
Viña de rematar a carreira de Xornalismo, con toda a ilusión do mozo de 21 aniños que era daquela
Ata entón só estivera nunha única ocasión nesta cidade, sen sospeitar que me había acabar asentando aquí
Sobre estas liñas, unha imaxe dunha cobertura correspondente a cando fixera prácticas en San Marcos, un ano antes




Aínda que poida soar a clixé, o certo é que os inicios en absoluto resultaron doados
Ben o saben os meus compañeiros, cos que compartín interminables xornadas e loitas laborais
Arriba podemos ver outra aparición en pantalla da quincena que pasara en 2001 na que era a delegación na Mariña




O cambio de década supuxo unha serie de mudanzas nos ámbitos laboral e persoal
Por unha banda, puiden experimentar unha mellora substancial nas condicións de traballo
-Pola vía xudicial, os traballadores das delegacións logramos a condición de persoal indefinido-
Por outra, máis importante, Marta e mais eu animámomos a ser pais e puido entón nacer a nosa filla
A situación mellorou aínda máis coas oposicións concluídas un ano despois, en que obtiven unha praza fixa





Ao longo destes vinte anos tiven a oportunidade de traballar con ducias de persoas
Por sorte, a maioría foron excelentes compañeiros e profesionais en quen poder confiar
Neste período, moitos deles foron marchando e outros foron chegando é delegación de Lugo
De feito, dos redactores que había cando empecei a día de hoxe non queda ningún, agás na radio
No último ano, moitos participaron nas reivindicacións de Defende a Galega a través dos venres negros
Con eles, esiximos uns medios públicos independentes e obxectivos que conten cun Consello de Informativos




Deses vinte anos, salvo o primeiro a delegación estivo sempre situada no parque de Rosalía
Trátase, por tanto, dun emprazamento privilexiado, o que axudou a facer máis levadeiro o traballo
Como tamén axudaron as paisaxes espectaculares de mar e de montaña coas que estou familiarizado
No que se cadra sexa o paso de ecuador da miña carreira profesional, dou grazas por eses pequenos detalles
Ignoro canto máis tempo hei pasar en Lugo, se logo hei marchar ou sei ficarei para sempre, pero unha cousa teño clara
O tempo que me reste de estadía nestas terras hei procurar gozalo ao máximo, consciente da sorte que tiven por traballar aquí


Ningún comentario:

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...