09/04/08

Os cómics de Miguel

Esta é unha pequena mostra das artes de Miguel
Miguel Fernández, compañeiro de viños e excelente conversador
Pero ademais bo debuxante, como se pode apreciar nestas viñetas
Corresponden á primeira páxina dunha historieta chamada "GTI"
Ten máis cómics, que se poden entrever na súa bitácora
-Como coautor dos guións figura Xosé Luís Ansemil-
O seu é un exemplo máis da nosa gran canteira de creadores
Porque, a nivel creativo, se en algo somos potencia é no cómic
Prado, Da Silva, Das Pastoras ou Rubín son só dos máis coñecidos
Por non falar de humoristas gráficos como Siro, Marín ou Leandro
Na páxina de culturagalega.info pode verse un listado de ilustradores
-Non están tódolos que son, pero si son tódolos que están-
Tan numerosos creadores augúranlle moito futuro ó cómic galego
Coma o que ten Miguel na confección da súa propia banda deseñada
-Que non todo vai ser degustar viño ou cervexa polas tabernas
Aínda que sexa dándolle leria por Lugo adiante a un servidor-


1 comentario:

miguelón dixo...

Graciñas Felix, Gústame moito o epíritu do teu blog, espero que no futuro de paso a algo moito mais grande. Francamente leva cara de iso.
En www.myspace.com/mazorc teño mais cousas. Entre elas un fragmento dun comic negro que fixen ahi tempo chamado "Mas gusano que nadie". O título molaba mais en galego ("Mais verme cá ninguén")pero o posible mercado era pequeno, asi que, tiven que traducilo o castelán.

Barcelona en familia

  Vimos de visitar unha das cidades máis fermosas da Península e do mundo enteiro A capital catalá ofrece un patrimonio cultural único, come...