Recentemente pasamos un par de días en León
-A capital foránea que nos queda máis preto-
Creo que foi de abondo para coñecer ben a cidade
Cos seus máis e os seus menos, todo hai que dicilo
Hai zonas moi curiosas, pero noutras cumpría algún arranxo
Na primeira foto vese a rúa que vai da praza maior á catedral
A catedral, do século XIII, é unha xoia do gótico clásico
Ten unha nave central estilizada, con bóveda de crucería
Sostido por arbotantes, o templo acada unha grande altura
Tamén posúe máis de un cento de vidreiras policromadas
Que coido que son as máis importantes do seu tempo
Tamén visitamos a colexiata de San Isidoro
O galo dourado da torre data de hai case mil anos
Neste edicifio encóntrase o Panteón dos Reis
-Entre as tumbas figura a de García I de Galicia-
Tamén chamado 'a capela sixtina' do románico
Os frescos narran parte do Novo Testamento
Aínda que tamén conta cun almanaque medieval
-O que debían facer mes a mes os cristiáns-
Entre os labores, en maio tocaba guerrear
-Cousa que hoxe se fai todo o santo ano-
Tras deixar atrás León, fixemos unha parada no Bierzo
Como non, tomamos un refrixerio en Cacabelos
-No Prada a Tope, onde xa te atenden en galego-
É, sempre, a parada de rigor de volta á casa
O sitio meréceo, e as chacinas que venden tamén
2 comentarios:
Jo!
Qué buena "pinta".
Poderiades parar aí un día que volvades á casa. Asegúrovos que paga a pena.
Publicar un comentario