25/09/08

Gratitude



Estes son os últimos agasallos que recibín por cumprir anos
Déronmos, cando xa non os agardaba, os colegas da Coruña
Pasara máis dun mes do evento, polo que funcionou o efecto sorpresa
A todos eles, a miña máis sinceira gratitude por estes detalliños
O primeiro ítem é un álbum que estaba a piques de encargar
É o "White Rabbit", que o guitarrista George Benson publicou no 1971
Nel interviron figuras como Herbie Hancock, con virguerías aos teclados
Ou como o baixista Ron Carter e Earl Klugh na guitarra clásica
Este músico participa no tema "El Mar", que pecha o disco
Coma o percusionista Airto Moreira, que canta en 'andalusian'
O resultado é un tema único co envoltorio dun 'capricho español'
Unha partitura xenial executada con tintes de 'El Sorrow'
-Que me valeu de banda sonora da miña última relectura:
A da traxedia de Túrin en "Os fillos de Húrin", de J.R.R. Tolkien-
O segundo obxecto devecido é a impresión en papel dun cómic on line
Como diría Leandro, contouno José Oliver e Bartolo Torres debuxouno
Narra as tribulacións de H.P. Lovecraft na súa hipotética nenez
O cómic semella dirixido a nenos que coñecen a obra de Lovecraft
Así, resulta curiosa a mestura de trazos infantís e de 'terror cósmico'
É dicir, suxire unha "tenra cosmogonía ominosa lovecraftiana"
Poida que haxa a quen non lle cadre, pero a min xa nada me estraña
Insisto, 'obrigado' polos obsequios recibidos cando xa non os esperaba

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Me alegro ucho de que te gustasen los regalos.

Más vale tarde que nunca, no?

;P

Dr Smurf dixo...

Iso din. Pero neste caso case me fixo máis ilusión así, por non esperalo. Foi maior a sorpresa que se fose no propio día. Graciñas

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...