12/01/09

Javisán tivo unha nena

O noso amigo Javi Feijoo, AKA Javisán, xa é papá
Acaba de ter unha nena no Provincial de Pontevedra
-Aínda que en realidade quen a tivo foi Romina, claro-
Tras dez horas no hospital, finalmente foi todo ben
A miniña chamarase Ainara, un nome moi de moda
-Coma Aldara, Ainoa, Nerea, Nekane, etc., etc.-
A nivel persoal, esta noticia non é nada baladí
Quero dicir que non é "unha filla máis" dun colega
E é que Javi é o primeiro da miña quinta que ten un fillo
Así que supoño que este fito marca o inicio dunha época
-Unha nova era no horizonte a medio prazo, imaxino-
Digo eu que chegou o tempo dunha nova xeración
De dedicarse a enxendrar vástagos e darlles paso a eles
Será algo propio da idade, algo escrito nos xenes
Algo instintivo que se materializa a partir dos 30 anos
-Pregúntome que pensará Carmen sobre esta cuestión-
Dáse ademais unha curiosa circunstancia con Javisán
Dado que sempre foi un salientable fan de Star Wars
-Para os da Coruña, dicir que é o equivalente a Chacho-
Agora vai ter ocasión de soltarlle á nena a famosa frase
Vai poder dicirlle aquilo de "Ainara, eu son o teu pai"

3 comentarios:

Anónimo dixo...

non fale diso que eu xa teño 4 "sobrititos" ains ...

Anónimo dixo...

Dr. Smurf entendo que lle agroma a vostede un certo instinto paternal!

Dr Smurf dixo...

Sonche os anos, que non pasan en balde. E o reloxio biolóxico, que che di tic tac, tic tac, tic tac...

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...