07/07/09
O fotógrafo Nils Holgersson
O autor destas imaxes é un fotógrafo chamado Nils Holgersson
Efectivamente, coma o protagonista da novela de Selma Lagerlöf
Pero non, non é o seu verdadeiro nome, senón o artístico
En realidade chámase Nils Riedweg, e nin sequera é sueco
O que non quita que faga unhas fotos espléndidas, coma estas
Corresponden á serie denominada algo así como "Nu:`jo:rk"
Estoutras son da serie "Pool", a máis referenciada de todas
A pulcritude técnica das fotos é máxima, como salta á vista
Souben delas e mais do autor unha vez máis vía Capítulo 0
E aquí temos ao autor, a Nils Holgersson en persoa
O artista suízo que colleu o nome do personaxe sueco
-Tal como o mago Copperfield fixera coa novela de Dickens-
Se queres ver máis fotos súas, podes clicar na súa páxina
E aquí podes atopar diversas series de instantáneas súas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
O parque de Marcos Cela
Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...
-
Sempre considerei que os meus mellores amigos son meus pais Por múltiples razóns, comezando polo trato que nos demos Meus irmáns sempre os...
-
Boa parte das andainas das últimas semanas dediqueinas a coñecer mellor o Fervedoira Deste río do cinto verde de Lugo unicamente percorrera ...
-
Parece que foi o outro día cando fixen vinte anos en Lugo , e resulta que xa pasaron outros cinco Hoxe mesmo, cúmprese un cuarto de século d...
2 comentarios:
Muchas gracias por leerte mi texto sobre ciudad; me apunto tus comentarios :)
En cuanto recupere mi vida (acabo de entregar un meta-trabajo de los mios ggggggggggggggggg) escribiré sobre el tema.
Un besazo
P.D.: muy buenas fotos, si
Non hai de que. Acabo de volvelo ler, e caín na conta dun lapsus: debería figurar 'profesión liberal'.
O tema ten realmente o seu interés. No caso da túa cidade, sorpréndeme a súa concentración de poder, tanto xudicial (TSXG) como político (Delegación do Goberno) e económico (residen creo lembrar que tres das cen persoas máis ricas do mundo). E claro, esa concentración ten o seu reflexo no propio urbanismo da cidade, como se pode comprobar entre a zona da praza de Lugo, os Cantóns ou a Cidade Vella.
Publicar un comentario