20/11/09

Somos un menos

Un feito acaecido hai uns días activou unha fatídica conta atrás
Morreu un compañeiro de carreira, David Gil, ao que estimaba
David sempre foi independente, ademais dunha persoa amable
A súa compañía resultaba grata e mantiña o seu propio criterio
Por iso o seu falecemento me doe aínda máis: pola súa empatía
Era alguén con quen non me custaba levarme ou identificarme
E non me ocorría só a min, en vista das múltiples condolencias
Ademais de estudarmos xuntos en Santiago, cadramos en Lugo
De feito, el traballaba ate hai uns tres anos na rúa na que resido
E non era raro cruzármonos e parármonos a parolar de vagar
A súa perda fáiseme aínda máis terrible por unha razón especial
É o primeiro compañeiro da facultade que se me vai para sempre
Así que a noticia da súa morte supuxo algo máis para un servidor
Representa a activación dunha conta atrás cara ao propio final
Hoxe foi el, mañá se cadra outro, e un día destes, un día destes...
Un día destes poderame tocar a min, algo que creo teño asumido
Claro que unha cousa é pensalo e outra ben distinta vivilo na pel

2 comentarios:

Anónimo dixo...

A min tamén me impactou a noticia, que ben definiches a David...
E agora fai o favor e desactiva esa conta atrás!
Bks
helena

Dr Smurf dixo...

Mellor será, si, que lle dea a stop a esa conta final. Xa haberá tempo para dar por premido o gran botón vermello.

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...