Un feito acaecido hai uns días activou unha fatídica conta atrás
Morreu un compañeiro de carreira, David Gil, ao que estimaba
David sempre foi independente, ademais dunha persoa amable
A súa compañía resultaba grata e mantiña o seu propio criterio
Por iso o seu falecemento me doe aínda máis: pola súa empatía
Era alguén con quen non me custaba levarme ou identificarme
E non me ocorría só a min, en vista das múltiples condolencias
Ademais de estudarmos xuntos en Santiago, cadramos en Lugo
De feito, el traballaba ate hai uns tres anos na rúa na que resido
E non era raro cruzármonos e parármonos a parolar de vagar
A súa perda fáiseme aínda máis terrible por unha razón especial
É o primeiro compañeiro da facultade que se me vai para sempre
Así que a noticia da súa morte supuxo algo máis para un servidor
Representa a activación dunha conta atrás cara ao propio final
Hoxe foi el, mañá se cadra outro, e un día destes, un día destes...
Un día destes poderame tocar a min, algo que creo teño asumido
Claro que unha cousa é pensalo e outra ben distinta vivilo na pel
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Barcelona en familia
Vimos de visitar unha das cidades máis fermosas da Península e do mundo enteiro A capital catalá ofrece un patrimonio cultural único, come...
-
Sempre considerei que os meus mellores amigos son meus pais Por múltiples razóns, comezando polo trato que nos demos Meus irmáns sempre os...
-
Esta gran novela conxuga dúas das miñas afeccións, que son Jack London e as traducións ao galego É dicir, o mesmo que A chamada da selva (X...
-
Este último ano supuxo unha serie de grandes cambios para a nosa filla Rematou os estudos de Primaria, con boas cualificacións, e comezou ...
2 comentarios:
A min tamén me impactou a noticia, que ben definiches a David...
E agora fai o favor e desactiva esa conta atrás!
Bks
helena
Mellor será, si, que lle dea a stop a esa conta final. Xa haberá tempo para dar por premido o gran botón vermello.
Publicar un comentario