02/12/09

Galicia Profunda

Veño de descubrir unha interesante proposta para matar o tempo
Trátase dunha páxina que intenta afondar no coñecemeno do país
Aínda que, iso si, ollando temas e feitos dende a óptica da retranca
O blog chámase, como non podía ser doutro xeito, Galicia Profunda

Ademais de fotos curiosas, tamén hai vídeos que merece a pena ver
Entre os últimos está un sarcástico "what if" sobre a industria do cine
Ou un fragmento dun programa que non merece comentario ningún
Velaí unha declaración de intencións sobre o contido desta bitácora:
"Poida que A Fonsagrada fora o primeiro punto de España no que se instalara a televisión dixital terrestre ou que sexamos unha das comunidades punteiras na cooperación exterior, pero máis aló destes acontecementos puntuais, a realidade é ben distinta.
O certo é que o tempo pasa e as plantas galegas de reciclaxe e compostaxe a penas absorven a metade do lixo que xeramos, o prezo da vivenda segue a medrar mentres no resto do estado baixa por primeira vez en once anos, a capacidade de conexión a internet é limitada ou nula nalgunhas zonas rurais, por non falar da odisea que supón para moitos coller un bus ou un tren que pode tardar máis de 70 minutos en percorrer 60 quilómetros…
Galicia Profunda abre as súas portas para falar de todos estes feitos, por suposto, en clave de humor."

Ningún comentario:

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...