04/02/10

Licor de xenxibre


Tras un ano de maceración, o resultado foi esta brebaxe
Trátase dun licor de xenxibre destinado a curar todo mal
En particular os da gorxa, dadas as súas características
É unha bebida forte, moi cálida e de sabor concentrado
O propio nome do tubérculo recorda o dun lugar enxebre
Ten algo de topónimo, de nome de aldea galega irredenta
Está feito a base dunha boa augardente branca do Salnés
Ademais de xenxibre, leva canela e mais azucre moreno
Só un par de paus de canela, destinados a matizar o sabor
O xenxibre, brasileiro, resulta picante e de aroma intenso
Mentres que o azucre, de Reunión, edulcora e dálle cor
-O seguinte que empregue será ecolóxico, do Paraguai-
Este é o primeiro licor que fago, e estou contento con el
Así e todo, pódese mellorar, se cadra con máis especias

2 comentarios:

eledhwen dixo...

Haberá que facerlle unha homenaxe, ¿non?

Dr Smurf dixo...

Madialeva! De todas formas, é para tomar en pequenas cantidades, coma os bos medicamentos (asegúroche que rasca ben e pica aínda mellor). Para outros mesteres, mellor un humilde licor café, a poder ser cun moi leve matiz a laranxas.

Barbie, Cine e Moda

  Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda...