24/02/10

De Bares a Covas



Este é o faro de Estaca de Bares, no concello de Mañón
Trátase do punto máis septentrional da Península Ibérica
Ate alí fomos hai uns días, xusto no máis cru do inverno
E esta era a vista da illa Coelleira dende o Porto de Bares
-Unha viliña mariñeira ao máis puro estilo de Innsmouth-


A illa encóntrase na boca da agrestísima ría do Barqueiro
Á que corresponden estas postais dende a vila homónima





Deixando atrás as casiñas do Barqueiro, fomos a Viveiro
Aló, na beira oeste da ría atópanse estas illiñas de Covas
Unhas formacións que semellan máis asiáticas ca galegas


Xantamos en Covas mesmo, nun local cun certo encanto
Gustoume o detalle da porta redonda, coma en Hobbiton


Dentro, o mesón fíxose máis interesante, e estaba repleto
Non era de estrañar, tendo en conta como nos conquistaron
Cunha rica papada de porco asada con patacas á panadeira


Ningún comentario:

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...