Había moitos anos que dera con esta portada nas tendas de discos
Sempre me pareceu que a imaxe posuía unha gran forza expresiva
Pero non me decidira a escoitar o álbum ate hai ben pouco tempo
Trátase de Weasels ripped my flesh, de The Mothers of Invention
Esta carátula ten a súa historia, como non podía ser doutra forma
Fóralle encargada polo propio Frank Zappa ao artista Neon Park
Propuxéralle partir da base dunha cuberta do magazine Man's Life
-Unha publicación de aventuras para os moi machos dos anos 50-
A outra idea que derivou na ilustración final foi un anuncio de 1953
-Saía no número de setembro da revista Saturday Evening Post-
O resultado foi unha imaxe das que quedan gravadas na retina
A pintura pop dun home que se esgaza a cara cunha denociña
-Que á súa vez ten a forma dunha máquina de rasurar eléctrica-
Toda unha icona, un referente, fácil de atopar en moitos lugares
Salientaría, de entre os seus cortes, o Toads of the short forest
E, sobre todo, o estupendo The Orange County Lumber Truck
Versioneado por Fudge nun disco homenaxe de bandas surfeiras
-Entre outras moitas versións deste temazo composto por Zappa-
Ningún comentario:
Publicar un comentario