Poucas
cousas entreteñen máis un neno que as súas cancións favoritas
E iso é
o que lle ocorre á miña filla coas versións de A Galinha Pintadinha
O grupo
actualizou con éxito os clásicos populares brasileiros para cativos
O
primeiro que a enganchou foi Meu Pintinho Amarelinho, todo un temazo
O hit
narra os quefaceres e as inquedanzas dun pitiño realmente rebuldeiro
Selma
non cansa de oíla unha e outra vez e de pedila de novo cando acaba
A
seguinte canción que lle chamou a atención vai sobre un coelliño larpeiro
-Que
por unha cenoria se volve mañoso e fica barrigudo ao comela enteira-
O
último exitazo entre as primeiras cancións que escoita é a da formiguiña
Con ela
aprende o nome de distintas partes do corpo, como é o caso do pé
Ningún comentario:
Publicar un comentario