Neste
primeiro de setembro a nosa filla, Selma, fai dous anos
Como
era de esperar, este segundo ano transcorreu máis rápido
Neste
tempo, a meniña aprendeu a andar e a correr sen descanso
É máis,
mesmo chegou a tornar nun terremoto que nos fixo suar
Malia todo,
reconforta oíla ampliar sen presas o seu vocabulario
Escoitala dicir frases coas que expresa curiosidade ou sorpresa
Escoitala dicir frases coas que expresa curiosidade ou sorpresa
Sobre
estas liñas, a nena está no colo de meu pai lista para saír
Como
foi un inverno difícil, houbo que aproveitar o escaso sol
Puido relacionarse ademais con outros pequenos e facer amigos
É o caso de Nica, Sabela, Catuxa, Anxo ou Mailoc, entre outros
Ademais
de enredar, comer e durmir foron as súas ocupacións
Coa
chegada do verán, Selma puido sacarlle partido ao bo tempo
Así, tivo
ocasión de ir á praia ou de darse un baño na súa piscina
Pola nosa parte, debemos agradecerlles o seu apoio a tíos e sogros
Grazas a eles, puidemos saír pola noite cos nosos propios amigos
Foron
pausas nas que, así e todo, tivemos sempre en mente a nena
1 comentario:
Agradecerlle a Lou Rey a autoría da penúltima foto, na que saímos Marta e mais eu.
Publicar un comentario