Se existe un rei midas no
eido das cervexas, ese é o físico danés Mikkel Borg Bjergsø
Coma
os augardenteiros de antano, percorre o mundo para elaborar beberaxes
de autor
Nos
últimos oito anos, este gurú do lúpulo revolucionou o mundo das
microcervexeiras
Mestre
de instituto, fundara a marca Mikkeller xunto co xornalista Kristian Klarup Keller
Hoxe
en día, o seu marchamo é garantía de calidade, sabor intenso e
riqueza de matices
Bo
exemplo é a amplísima gama de variedades de Indian Pale Ale que
locen o seu selo
Para
gran fruición do meu padal, puiden degustar unhas cantas dun tempo a
esta parte
Se
o nome da primeira non defrauda os siareiros, o amargor da segunda
non fica curto
Ademais,
o seu é ouro líquido calidoscópico, variadas sinfonías sen notas
que desafinen
Se
na Bravo predominan as froitas, na Warrior o seu gusto mesmo
recorda o hidromel
Outras
cervexas destacables son a IPA e a IPA Dry Hopping da casa española La Cibeles
Ambas
as dúas beberaxes artesás son dignas de mentar pola mestría da súa
elaboración
A
primeira está certamente equilibrada, mentres que a segunda goza dunha maior bravura
De
amargor froital, é resultado da acertada mestura de ata cinco tipos
distintos de lúpulo
Para rematar, gustaríame salientar o traballo da microcervexeira Bieron Agudelo, de Barro
Os
artesáns que a rexentan tiveron a ben crear unha IPA dentro da súa
marca Saramagal
Ningún comentario:
Publicar un comentario