Os alcriques en conserva son unha delicatessen ao alcance de todos os
petos
Trátase dun peixe azul que se captura de xeito artesanal nas costas
galegas
Péscano, contra finais do verán e comezos do outono, os barcos do
cerco
De sabor intenso, supón un manxar servido con aceite de oliva virxe
extra
Non debe confundirse coa agulla, posto que falamos de especies
distintas
A agulla, de nome científico “Belone belone”, é de menor valor
comercial
Isto débese a que ten un gusto máis forte e bravo, polo que se
adoita fritir
Distínguese facilmente por lucir unha espiña dunha cor entre verde
e azul
O alcrique conta cunha denominación científica propia, “Scomberesox
saurus”
E, aínda que nada ten que ver coa agulla, os envases poden levar a
confusión
A pesar de tratarse de especies diferentes, as conserveiras
chámanlles igual
Ata o punto de que resulta habitual atopar alcriques co nome
científico erróneo
O caso é que, chámenlles como lles chamen, os alcriques están
deliciosos
Con pan e un pouco de aceite, ou con cebola, son un prato san e
económico
Ningún comentario:
Publicar un comentario