Tras degustar as IPA monovarietais de Mikkeller, chegou a quenda doutras máis complexas
20 conxuga todas as variedades de lúpulo americanas empregadas previamente en solitario
O resultado é unha
cervexa que reúne os sabores de cada unhas delas nun todo
equilibrado
Outra aposta de Mikkeller
é esta American Dream, unha pílsner lupulizada digna de mención
Trátase dunha bebida de
baixa gradación, máis acorde co que nos teñen afeitos nestes lares
De feito, foi pensada para
o seu consumo durante o verán, o que non quita de probala antes
A Mikkel Borg Bjergsø,
o creador de Mikkeller, saíulle un serio competidor que ben coñece
Refírome
a Jeppe Jarnit-Bjergsø, o seu propio irmán xemelgo e tamén un mago
dos lúpulos
Seguindo
os pasos de Mikkel, fundou en 2010 a súa propia cervexería, chamada
Evil Twin
Dela
saíron beberaxes coma a Falco, unha IPA americana e liviá, como o
seu nome indica
Ou
a Yang, unha Imperial IPA tamén de corpo lixeiro aínda que xa con
dez graos de alcol
Para
rematar, unha vez máis con produto nacional, loemos a
cervexeira ourensá Keltius
As
Indian Pale Ale que lles probei ata o de agora agradáronme bastante,
como para repetir
A
Keltius Miño é unha gran cervexa, ao meu ver a mellor das galegas
despois da Kamek
Tamén
puiden degustar unha edición limitada elaborada con distintos
lúpulos australianos
Era
a Humulus Lupulus, presentada nunha botella de 75 centilitros, con 8º
e moito corpo
Ningún comentario:
Publicar un comentario