Coa chegada do bo tempo,
adoitamos visitar a casa dos meus tíos políticos en Armentón
Alí agárdanos unha
especie de “cidade dos pequenitos” na que residen galos ou
coellos
Construíron estes
singulares poleiros ao contaren con máis tempo libre tras se
xubilaren
Do ano pasado a este a súa
vila de conto foi medrando coa adición de novos elementos
É o caso dunha casiña
que une o antigo lar dos coellos co curral das galiñas poñedoras
Ou a caseta para os gatos,
especie da que sempre abundaron exemplares pola contorna
Os artífices desta aldea miniaturizada, os tíos de Marta, crearan tamén a propia vivenda
Levantárana e déranlle
forma eles mesmos a partir dunha pequena construción anterior
A casa chegara a figurar,
hai catro anos, nun spot da principal entidade financeira do país
Agocha recunchos cheos de
encanto, coa beleza propia das cousas sinxelas feitas a man
Ningún comentario:
Publicar un comentario