A segunda Feira da Cervexa Artesá Galega que se celebra na Coruña non decepcionou
Contou cunha ampla representación dos pequenos produtores cervexeiros do noso país
Tivo lugar na praza de Azcárraga, nese marco incomparable da Cidade Antiga coruñesa
O bo tempo axudou a que se enchese de xente ávida de degustar as bebidas ofertadas
Da ducia de postos presentes, a metade proviñan de Ourense, o epicentro do fenómeno
É o caso de Áncora, onde probamos a primeira pale ale da noite, etiquetada cunha serea
Tamén ourensá foi a segunda pale ale da xornada, da man dos creadores de Santo Cristo
Algo suave, pero de sabor exquisito, a súa calidade non era inferior á da anterior cervexa
Outro mostrador que visitamos foi o de Ceivada, elaborada por unha asociación de Nigrán
Tratábase dunha excelente indian pale ale, feita, para a nosa sorpresa, a base de centeo
A última proposta atendida foi unha imperial wheat ale, con malte de cebada e de trigo
Con notas de cardamomo, foi elaborada pola Deep Taste Brewery, tamén de Ourense
-Levaba o nome de Heisenbier, en clara alusión ao protagonista da serie Breaking Bad-
Precisamente na Cidade das Burgas celebrarase a vindeira feira da cervexa artesanal
Será esta mesma fin de semana na avenida de Pontevedra e promete ser aínda maior

Ningún comentario:
Publicar un comentario