Na parte central da nosa viaxe a Polonia, fomos de Pomerania a Silesia
Trala estadía en Gdansk, durante días percorremos o país de norte a sur
De camiño, atravesamos os principais voivodatos, con diversas paradas
En Toruń, declarada Patrimonio da Humanidade, fixemos un primeiro alto
Trala estadía en Gdansk, durante días percorremos o país de norte a sur
De camiño, atravesamos os principais voivodatos, con diversas paradas
En Toruń, declarada Patrimonio da Humanidade, fixemos un primeiro alto
Toruń era outra cidade unida á Liga Hanseática na Baixa Idade Media
Ao contrario ca Gdansk, apenas foi bombardeada na II Guerra Mundial
É famosa por ser o berce de Copérnico, cuxa casa decidimos visitar
Deseguido, dirixímonos a Poznań, a primeira capital que tivo o país
Fundada hai máis de mil anos, loce unha leda e colorida praza maior
A cidade de Poznań atópase a medio camiño entre Berlín e Varsovia
Centro académico de primeira orde, acolle uns cen mil universitarios
En Poznań bebemos unhas boas cervexas da casa, de trigo e con mel
Tras facer noite alí, seguimos cara a Wrosław, a capital da Baixa Silesia
Wrosław conta coa segunda praza do mercado máis grande de Polonia
Xira en torno á antiga casa do concello, de estilo gótico, hoxe un museo
Alí, na propia praza, puidemos xantar nun restaurante bastante acolledor
No medio da praza hai unha estatua na honra de Aleksander Fredro
-Poeta, dramaturgo e escritor polaco do período do Romanticismo-
Trala guerra, ocupou o sitio da estatua adicada ao kaiser Guillerme
Traérana dende Lviv, no actual oeste de Ucraína, polaca ata daquela
A mesma sorte correran tantas familias que substituíran as deportadas
Non en van, esta zona fora xermana durante os anteriores sete séculos
Chegue con dicir que o mesmísimo Manfred von Richthofen nacera aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario