06/09/16

De Roma a Capri



Con esta terceira e derradeira entrega rematamos o relato da nosa viaxe por Italia
Abrangue os días que botamos en Roma e mailas visitas a Pompeia e á illa de Capri
Na cidade eterna iniciamos o percorrido realmente noutro país, na Cidade do Vaticano




Visitamos os amplos museos vaticanos, que albergan xoias coma o Laoconte
A Sala Rotonda acolle, pola súa parte, unha bañeira de pórfiro e esculturas romanas
O punto culminante da visita foi a chegada á Capela Sistina, onde non deixan fotografar




Na basílica de San Pedro tamén se poden ver esculturas coma esta Pietà do propio Michelangelo
Ou o Baldaquino de Bernini, forxado en bronce macizo negro, que se encontra xusto baixo a cúpula




Á saída da basílica topámonos con varios membros da pintoresca Garda Suíza
Do Vaticano dirixímonos á Piazza di Spagna, cuxa escalinata estaba a ser rehabilitada
No medio da praza encóntrase unha fonte que tamén é de Bernini, a Fontana della Barcaccia




A continuación visitamos a máis coñecida das fontes barrocas de Roma
Refírome á Fontana di Trevi, un conxunto monumental totalmente cheo de turistas
E nós entre eles, que aproveitamos para contemplar esta marabilla restaurada en 2014




Estímase que cada ano se botan máis de un millón de euros en moedas nesta fonte
Deseguido fomos ver o Panteón de Agripa, erixido no século II polo emperador Hadriano
O templo, que inspirou a arquitectura renacentista, ten uns 43 metros de alto e mais de ancho




Moi preto encóntrase a Piazza Navona, unha das máis importantes da cidade
Outra fonte máis de Bernini adorna o centro deste espazo, xunto cun obelisco exipcio
Aquí probamos o tartufo, un xeado típico de chocolate con anacos de chocolate e mais nata




Logo cruzamos o río Tíber polo Ponte Sisto cara ao Trastévere
O barrio bohemio de Roma foi un dos lugares que máis nos gustaron
Nel devoramos unha riquísima pizza e mais flores de cabaciña con queixo




Nos seus 30 metros de fuste dáse conta da conquista da Dacia





A escasos metros pódense ollar as ruínas dos foros imperiais romanos
Xusto detrás encóntrase o Monte Palatino, a parte máis antiga desta vella cidade
Nel aínda se ven os restos dos palacios de sucesivos césares que gobernaron o imperio




Un pouco máis adiante vemos o Coliseo, un dos monumentos máis visitados
E detrás do Monte Palatino tamén puidemos contemplar as ruínas do Circo Máximo




Sen mudar de época, diriximonos cara ao sur, ata a beira do Vesuvio
Alí visitamos as ruínas de Pompeia, cidade que ficara soterrada tras unha erupción
As rúas vense tal como quedaron en agosto do ano 79 d.C., incluídos os pasos de peóns




Un dos edificios mellor conservados é un lupanar con camas de pedra




Tamén puidemos ver o interior das termas do foro, elegantemente decoradas
E alguhas das figuras das vítimas da erupción, enterradas baixo o material piroplástico




De Pompeia fomos ata Nápoles, onde collemos un barco en dirección a Capri
A babor viamos a silueta do monte Vesuvio, un volcán que a día de hoxe segue activo




A illa é coñecida polas súas augas dunhas cores entre turquesa e un azul moi característico
As diferentes tonalidades cromáticas son o resultado da pigmentación dunha alga, a posidonia




Tras pasarmos por un buraco nos farallóns, recalamos no porto de Marina Grande
Dende alí subimos nun funicular ata a vila de Capri, asaltada durante séculos polos piratas





Tras botar o día nesta especie de illa de Calipso, despedímonos dela
A volta supuxo tamén o comezo da fin desta viaxe a través da bela Italia 


Ningún comentario:

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...